A Deputación de Ourense asegura que o "grupo industrial chinés Yingyou Lianyungang" ten interese "no proxecto de construción en Ourense dunha planta de fabricación de coches eléctricos da empresa Xero"
Fálase
O Costa Allegra, cruceiro da mesma compañía que o malogrado Costa Concordia e que sufriu problemas técnicos a 200 millas das Seychelles, xa chegou a porto. O buque quedou sen enerxía e sen motores en plena travesía. Tivo que ser remolcado. Información da BBC
A Lei Sinde-Wert é desde este 1 de marzo unha realidade. A Comisión de Propiedade Intelectual pode comezar hoxe a pechar webs. En La Información.
O primeiro secretario do PSC, Pere Navarro, aposta por un modelo de pacto fiscal "federal" para Catalunya. En Vilaweb.
Esta fin de semana celébrase en Arzúa a Festa do Queixo, cunha programación completa con concertos de todos os estilos (de Treixadura a We are Standard), obradoiros e pasarrúas. Descarga aquí o especial do xornal Crónicas da Comarca dedicado á festa.
O sábado 3 ten lugar en Curtis a homenaxe a Carlos Seoane, concelleiro do BNG falecido o pasado mes de outubro. Contará coas actuacións de Mini e Mero, Leira Buxo ou Celso Parada.
En Madrid celébrase este domingo unha consulta popular sobre a privatización do Canal de Isabel II. Nesta páxina pódese consultar a localización das ducias de mesas de votación repartidas por toda a cidade.
O índice de confianza empresarial de Galicia está ao seu nivel máis baixo desde o último trimestre de 2008, segundo os datos do IGE. Todos os sectores están en vermello, pero é o do comercio polo miúdo o que menos optimista é respecto do futuro. Link á táboa do Instituto Estatístico
Representantes dos departamentos de Política Lingüística de Euskadi, Navarra e Aquitania piden que a promoción do euskera sexa exemplo para as linguas minoritarias na UE
Daniel Oca, concelleiro do BNG en Cee di que espera que o pacto co PP "non conleve a nosa expulsión do BNG" e confirma que integrarán o goberno municipal coa alcaldesa do PP"