Os traballadores da Xunta trasladan as protestas contra a lei de recortes ao interior de San Caetano. Celébranse concentracións tamén noutras sedes da Xunta, tanto en Santiago como noutros puntos de Galicia.

Os traballadores da Xunta trasladan as protestas contra a lei de recortes ao interior de San Caetano. Celébranse concentracións tamén noutras sedes da Xunta, tanto en Santiago como noutros puntos de Galicia.
O PPdeG tenta matizar, a través de Twitter e a preguntas dunha cidadá, a polémica creada pola súa deputada Ángeles Díaz, que alertou dunha suposta proliferación de "infeccións" polo uso do aborto e da pílula postcoital como "anticonceptivos" a causa do "desgoberno socialista". Así o contamos en Praza.
Esta mañá os sindicatos convocan novas concentracións de empregados públicos contra a lei de recortes aprobada pola Xunta. Comezan ás 11 en VIgo e ás 11:30 na Coruña e Santiago, nas dependencias oficiais da Xunta.
A Deputación de Ourense asegura que o "grupo industrial chinés Yingyou Lianyungang" ten interese "no proxecto de construción en Ourense dunha planta de fabricación de coches eléctricos da empresa Xero"
O Costa Allegra, cruceiro da mesma compañía que o malogrado Costa Concordia e que sufriu problemas técnicos a 200 millas das Seychelles, xa chegou a porto. O buque quedou sen enerxía e sen motores en plena travesía. Tivo que ser remolcado. Información da BBC
A Lei Sinde-Wert é desde este 1 de marzo unha realidade. A Comisión de Propiedade Intelectual pode comezar hoxe a pechar webs. En La Información.
O primeiro secretario do PSC, Pere Navarro, aposta por un modelo de pacto fiscal "federal" para Catalunya. En Vilaweb.
Esta fin de semana celébrase en Arzúa a Festa do Queixo, cunha programación completa con concertos de todos os estilos (de Treixadura a We are Standard), obradoiros e pasarrúas. Descarga aquí o especial do xornal Crónicas da Comarca dedicado á festa.
O sábado 3 ten lugar en Curtis a homenaxe a Carlos Seoane, concelleiro do BNG falecido o pasado mes de outubro. Contará coas actuacións de Mini e Mero, Leira Buxo ou Celso Parada.
En Madrid celébrase este domingo unha consulta popular sobre a privatización do Canal de Isabel II. Nesta páxina pódese consultar a localización das ducias de mesas de votación repartidas por toda a cidade.