Xabier Mikel Errekondo (Amaiur) escenifica na tribuna do Congreso a súa oposición á Lei Wert. Cos brazos en cruz termando de senllos libros amosou o "castigo" que supón a nova lexislación educativa, que hoxe se aproba.
Fálase
#consellodaxunta O Consello autoriza a absorción da Radio Galega por parte da Televisión de Galicia, como paso previo á creación da nova corporación establecida na nova Lei de Medios.
#consellodaxunta O Consello aproba o proxecto da nova Lei do Solo.
#consellodaxunta A Xunta crea un observatorio sobre o "movemento de terras" en Galicia. Crearase un sistema informático sobre a situación do Banco de Terras.
A Deputación de Pontevedra premia un investigador do CiTIUS por un traballo de "computación flexible" que mellorará os sistemas de MeteoGalicia
Ao redor de dous mil traballadores de Navantia protestan nas rúas de Ferrol ante o "abismo" da falta de traballo e as "mentiras" do Goberno central e a Xunta
A Xunta entrega esta tarde unha das tres Medallas de Galicia deste ano, outorgada á ONCE. Este acto e dous máis, coa Fundación Penzol e o finado Ceferino Díaz como protagonistas, substitúen o acto suspendido o 25 de xullo a causa da traxedia de Angrois.
ERC gañaría as eleccións catalás, segundo unha enquisa da Generalitat. Superaría en case tres puntos a CiU e obtería a maioría.
A CIG critica a UE nun vídeo tras a aprobación do acordo pesqueiro con Mauritania que expulsa a frota galega dese caladoiro. Acusa a Unión Europea de ser "a ruína da pesca galega".
Borja Suárez Corujo, de Economistas frente a la crisis, analiza o novo índice de revalorización das pensións como "unha medida inconstitucional"