ERC gañaría as eleccións catalás, segundo unha enquisa da Generalitat. Superaría en case tres puntos a CiU e obtería a maioría.
Fálase
A CIG critica a UE nun vídeo tras a aprobación do acordo pesqueiro con Mauritania que expulsa a frota galega dese caladoiro. Acusa a Unión Europea de ser "a ruína da pesca galega".
Borja Suárez Corujo, de Economistas frente a la crisis, analiza o novo índice de revalorización das pensións como "unha medida inconstitucional"
UGT propón a disolución da executiva comarcal do sindicato en Vigo, crítica coa dirección galega.
Un rápido aumento de biotoxinas pecha as principais zonas marisqueiras de Galicia
Marga Tojo entrevista a Mercedes Gallizo, ex secretaria xeral de Institucións Penitenciarias, que afirma que “a principal política de seguridade pasa por ter políticas sociais”.
Un cento de mozos españois quedan atrapados na cidade alemá de Erfurt, atraídos por unha oferta de traballo que non existía
O Congreso aprobará hoxe a lei Wert cos únicos votos do PP.
O BNG inicia unha recolleita de achegas cidadás para coñecer os "problemas" da "Galiza real" e expoñelos no debate de política xeral que se celebra a vindeira semana no Parlamento. Fano a través da iniciativa Debate sen cancelas
O Consello de Europa advirte do "excesivo uso da forza" das forzas de seguridade españolas en manifestacións e protestas. Recólleo Público.es