Isabel García Tejerina, nova ministra de Agricultura en substitución de Miguel Arias Cañete, segundo adianta EFE. É a actual secretaria xeral do Ministerio.
Fálase
Cidadáns galegos e portugueses realizaron unha manifestación conxunta este domingo, que partiu dende Arbo e Monçao, contra a construción dunha interconexión eléctrica de 400 kilovoltios. As dúas marchas confluíron na ponte internacional de Tui.
Máis dun milleiro de persoas participaron na sétima edición de A Pedaliña; vive Vigo en bici. Ao longo da fin de semana houbo actividades de todo tipo relacionadas coa bicicleta, até a marcha ciclista que percorreu as rúas da cidade este domingo
O colectivo Ciencia con Futuro pon en marcha a campaña Apadriña un científico para protestar polos recortes á investigación por parte do goberno de Rajoy.
A comisión científico-técnica creada tras o accidente do Alvia en Compostela recomenda a revisión urxente de toda a rede ferroviaria e 30 medidas concretas de seguridade no trazado. O informe esixe tamén comprobar os sinais e as normas.
O Celta B descende a Terceira División logo de empatar co Burgos (3-3). O Coruxo, pola contra, dá un paso de xigante para manterse na 2ªB tras vencer o Zamora (3-1), mentres que o Ourense empata coa Leonesa (1-1). A directiva do clube vermello dimitirá tal e como pedían os xogadores. Ademais, o Compostela caeu o sábado ante o Noja (2-1).
O Breogán cae con claridade ante o Burgos (94-54) no segundo partido das semifinais do play-off de ascenso á ACB.
O Somozas mantense no liderado da Terceira División malia empatar (0-0) co Barbadás. No resto da xornada: Dorneda 1-2 Fabril; Boiro 0-0 Pontevedra, Choco 4-2 Rápido de Bouzas; Arousa 2-0 Laracha; Ordes 3-0 Negreira; Racing Vilalbés 2-3 Alondras; Grixoa 0-0 Betanzos; Cultural 1-3 As Pontes; Bertamiráns 0-2 Cerceda.
Pemex, a empresa con máis perdas de Latinoamérica. Os números vermellos da petroleira, que perdeu 9.271 millóns, contrastan cos beneficios de Petrobras, outra das compañías coas que negociou Feijóo, segundo conta Economía Digital.
Gómez Noya gaña a segunda proba das series mundiais de triatlón en Cidade do Cabo por diante de Jonathan Brownlee e aséntase no liderado tras vencer tamén na primeira proba en Auckland.