ERC, IU e Bildu rexístranse como grupo parlamentario conxunto no Congreso. Trátase dun grupo técnico, non político, e busca incrementar os tempos de intervencións de IU e Bildu, así coma os recursos económicos dos que disporán.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/569d09a1e3116-iu-congreso-compromis-mesa-podemos_ediima20160113_0692_5.jpg)
ERC, IU e Bildu rexístranse como grupo parlamentario conxunto no Congreso. Trátase dun grupo técnico, non político, e busca incrementar os tempos de intervencións de IU e Bildu, así coma os recursos económicos dos que disporán.
Patrimonio abre expediente sancionador ao Concello de Ponteareas e á Comunidade de Montes de Ribadetea polo dano causado en 2013 ao Castro da Croa, nunha actuación que afectou a parte do parapeto defensivo e incluíu a retirada de xabre e terra con palas e outra maquinaria pesada dentro da área de protección integral. A denuncia partiu do Grupo Ecoloxista Adenco.
O 60% dos premios extraordinarios de grao, doutoramento e fin de carreira entregados pola Universidade de Vigo foron para mulleres. É unha tendencia que se vén mantendo nos últimos anos
Dous días antes da celebración do Foro de Davos, Oxfam alerta de que a desigualdade non deixa de crecer e lembra que as 62 persoas máis ricas acumulan a mesma riqueza que a metade da poboación mundial. O informe de Oxfam -Unha economía ao servizo do 1%- sinala tamén que a fuga de capital español a paraísos fiscais creceu un 2000% en 2014
Lóis Uxío Taboada Arribe (CONFAPA-Galicia), nomeado representante das nais e pais do alumnado no Consello Escolar do Estado.
O Concello da Coruña rexeita que os propietarios de San Amaro teñan dereito a indemnización, tras negárselles en 2010 o aproveitamento urbanístico prometido polo Goberno de Francisco Vázquez en 1993. O Goberno local sinala que a responsabilidade é dos propios donos dos terreos, pola súa demora na tramitación do proxecto.
Este domingo fixeron 50 anos do accidente de Palomares. As entidades ecoloxistas denuncian que a zona segue contaminada
Este luns comezan as audiencias co rei Felipe VI dos distintos grupos políticos con representación parlamentaria. A quenda de En Marea será o mérecores ás 12 horas. O venres o monarca recibirá a Pablo Iglesias, Pedro Sánchez e Mariano Rajoy.
El Periódico analiza con expertos o plan de choque social que prepara o Goberno catalán, cualificado de insuficiente e indefinido
El Diario repasa os argumentos legais e políticos a favor e en contra da constitución dos grupos da confluencias de Podemos