Este luns comezan as audiencias co rei Felipe VI dos distintos grupos políticos con representación parlamentaria. A quenda de En Marea será o mérecores ás 12 horas. O venres o monarca recibirá a Pablo Iglesias, Pedro Sánchez e Mariano Rajoy.
Fálase
El Periódico analiza con expertos o plan de choque social que prepara o Goberno catalán, cualificado de insuficiente e indefinido
El Diario repasa os argumentos legais e políticos a favor e en contra da constitución dos grupos da confluencias de Podemos
Este luns comeza o xuízo a 14 ultras polo asalto ao centro cultural Blanquerna durante a Diada de 2013
O PP perdería a maioría absoluta en Galicia e En Marea sería segunda forza, segundo unha sondaxe da consultora Redondo y Asociados na que se prognostica que os conservadores poderían gobernar a través dun pacto con Ciudadanos.
Manuel Martínez carga con dureza contra o PSdeG e admite que o PP lle ofreceu "bo trato da Xunta" se o mantiña no goberno da Deputación de Lugo. Afírmao nunha entrevista en El Progreso, na que di notar "rancor e cheiro a sangue" e advirte de que "como din en Xogo de Tronos, vén o inverno e o tempo acábase" na institución provincial.
O xulgado indica que a manobra que permitiu a moción de censura en Boimorto é "irregular", pero non "ilegal". O PP desaloxou o BNG da alcaldía do concello co apoio dun tránsfuga.
Os resultados dunhas xerais repetidas serían moi semellantes aos de decembro, se ben Podemos e as confluencias superarían ao PSOE, segundo unha enquisa de Metroscopia que publica El País, na que se indica que a maioría do electorado aposta por un pacto de goberno e non por novos comicios.
Feijóo di non ter aínda decidido o seu futuro político e proclama que sente "tanta intranquilidade" por Podemos como "pola extrema dereita de Le Pen". Afírmao nunha entrevista no Faro de Vigo.
Un tiroteo con armas de perdigóns no polígono compostelán de Costa Vella deixa cando menos unha persoa ferida por golpes. Recólleo La Voz