Berlusconi, expulsado do Senado italiano pola súa condena por fraude fiscal. Logo de dúas décadas de carreira política, o ex primeiro ministro non se poderá presentar en seis anos ás eleccións.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5296342550415-berlusconi-expulsado-senado-italiano-condena_ediima20131127_0597_5.jpg)
Berlusconi, expulsado do Senado italiano pola súa condena por fraude fiscal. Logo de dúas décadas de carreira política, o ex primeiro ministro non se poderá presentar en seis anos ás eleccións.
Un desempregado portugués anuncia que "irá ao supermercado e levará arroz sen pagar". Nelson Arraiolos, que anuncia nun comunicado enviado aos medios de comunicación a data e o lugar da súa acción, escribiulle unha carta en setembro ao presidente Cavaco Silva na que o informaba de que non ía pagar máis impostos nin aboar o importe dos billetes de autobús.
Galiza Contrinfo difunde un vídeo sobre o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés, no que foron detidas seis persoas.
O alcalde de Ferrol remite 30.000 cartas aos veciños do concello animando a protestar pola situación do sector naval. Faino horas antes da viaxe que o rexedores e outros cargos do PP realizarán a Madrid para protestar ante as sedes de Navantia e a Sepi. Nas cartas, José Manuel Rey Varela non realiza ningún tipo de autocrítica pola responsabilidade dos gobernos populares na crise.
Un xuíz leva ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea a lei antidesafiuzamentos do PP. O maxistrado pregunta se a norma pode desprotexer os dereitos dos consumidores, "en situación de inferioridade con respecto aos profesionais".
Investigadores da UVigo traballan nun innovador sistema para garantir procesados de datos incondicionalmente seguros, a través dun protocolo de compromiso de bit: a toma de decisións garantindo que ninguén (absolutamente ninguén) poida mudalas logo.
Preséntase o Manifesto da Banda Larga, impulsado por responsables do sector das telecomunicacións e a tecnoloxía, persoeiros do mundo da cultura e a educación e amparado pola UE e a ONU. Pide implantar os servizos de banda larga en todo o planeta, para acabar coa fenda dixital.
O colectivo LGTB do PSdeG, 7 Cores, únese ás críticas contra o profesor da USC que lanza reiterados comentarios homófobos nas súas aulas e esixe que a reitoría lle aplique "medidas disciplinarias".
Tomás Gómez, secretario xeral do PSM, cumpre coa súa ameaza e entregará a súa acta de senador, en protesta porque un maxistrado recusado polos socialistas madrileños entrase como vogal no CGPJ, co apoio do PSOE.
Dous anos de cadea para os activistas que tiraron tartas á presidenta de Navarra. Condénanos por atentado contra a autoridade.