Galiza Contrinfo difunde un vídeo sobre o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés, no que foron detidas seis persoas.
Fálase
O alcalde de Ferrol remite 30.000 cartas aos veciños do concello animando a protestar pola situación do sector naval. Faino horas antes da viaxe que o rexedores e outros cargos do PP realizarán a Madrid para protestar ante as sedes de Navantia e a Sepi. Nas cartas, José Manuel Rey Varela non realiza ningún tipo de autocrítica pola responsabilidade dos gobernos populares na crise.
Un xuíz leva ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea a lei antidesafiuzamentos do PP. O maxistrado pregunta se a norma pode desprotexer os dereitos dos consumidores, "en situación de inferioridade con respecto aos profesionais".
Investigadores da UVigo traballan nun innovador sistema para garantir procesados de datos incondicionalmente seguros, a través dun protocolo de compromiso de bit: a toma de decisións garantindo que ninguén (absolutamente ninguén) poida mudalas logo.
Preséntase o Manifesto da Banda Larga, impulsado por responsables do sector das telecomunicacións e a tecnoloxía, persoeiros do mundo da cultura e a educación e amparado pola UE e a ONU. Pide implantar os servizos de banda larga en todo o planeta, para acabar coa fenda dixital.
O colectivo LGTB do PSdeG, 7 Cores, únese ás críticas contra o profesor da USC que lanza reiterados comentarios homófobos nas súas aulas e esixe que a reitoría lle aplique "medidas disciplinarias".
Tomás Gómez, secretario xeral do PSM, cumpre coa súa ameaza e entregará a súa acta de senador, en protesta porque un maxistrado recusado polos socialistas madrileños entrase como vogal no CGPJ, co apoio do PSOE.
Dous anos de cadea para os activistas que tiraron tartas á presidenta de Navarra. Condénanos por atentado contra a autoridade.
Tras o éxito de Xatcobeo e do HumSat, a Universidade de Vigo xa traballa no primeiro gran satélite comercial galego: O G-Sat. Pesará 50 quilos e axudará a previr incendios forestais ou a controlar as mareas vermellas. Gciencia entrevista Fernando Aguado, director da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da UVigo.
Riazor e Balaídos berrarán Nunca Máis este sábado. Unha iniciativa pide que os seareiros de Celta, Deportivo e Lugo berren "contra a impunidade e a inxustiza" tras a sentenza do Prestige. Os cánticos xa se escoitaron a pasada fin de semana no encontro do equipo coruñés en Ponferrada.