Riazor e Balaídos berrarán Nunca Máis este sábado. Unha iniciativa pide que os seareiros de Celta, Deportivo e Lugo berren "contra a impunidade e a inxustiza" tras a sentenza do Prestige. Os cánticos xa se escoitaron a pasada fin de semana no encontro do equipo coruñés en Ponferrada.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5295ccea71975-seareiros-470.jpg)