A CDU de Angela Merkel chega a un acordo cos socialdemócratas do SPD para formar unha "gran coalición" en Alemaña. Cóntao a Cadena SER
Fálase
O vicevoceiro do PP no Congreso, Rafael Hernando, non atopa motivos para pedirlles "perdón" aos familiares das vítimas do franquismo. Hernando asegurara que só buscan os corpos dos seus parentes se hai subvencións para facelo. En El Diario.
Stop Desafiuzamentos está en alerta dende primeira hora desta mañá para tentar evitar o desaloxo de Elisabeth, na rúa Antonio Noche da Coruña. O colectivo informa a través das redes sociais de que na zona hai xa un abondoso dispositivo policial.
O presidente da xestora de Oza-Cesuras anuncia que "renuncia" á súa suba de soldo despois de que esta se coñecese a través dos medios. Díxoo nunha entrevista en V Televisión.
El País analiza a "crise" de PP e PSdeG en Compostela a causa do caso Pokémon.
Ciencia Con Futuro "desmonta as mentiras" coas que Mª Arenales Serrano, vogal do PP na Comisión de Economía e Competitividade, rexeitou aumentar o orzamento en I+D
Un deputado do PP emprega unha letra de Siniestro Total para responder a AGE. "Ayatollah no me toques la pirola", respondeu Agustín Baamonde para defenderse das acusacións de "manipulación" da TVG de Juan Fajardo.
O informe da UE sobre a contaminación das rías galegas volve adiarse. As ponentes liberal e verde non aceptan un texto "no que está a man do PP" para evitar criticas aos Gobernos español e galego, destaca Ana Miranda (BNG). Esquerda Unida sinala que a ausencia de críticas a Reganosa no informe oficial amosa que "priman os intereses políticos fronte aos da cidadanía".
Están abertas as votacións dos Public Eye Awards, os "premios da infamia" que cada ano sinalan as empresas cun peor comportamento en todo o planeta. Entre os nominados están Syngenta, Bayer e BASF polos seus produtos que matan as abellas. Polo de agora son os máis votados.
Pemex comunica que vén de asinar a compra do 51% do estaleiro Barreras. Toda a información, hoxe en Praza.