Tras o éxito de Xatcobeo e do HumSat, a Universidade de Vigo xa traballa no primeiro gran satélite comercial galego: O G-Sat. Pesará 50 quilos e axudará a previr incendios forestais ou a controlar as mareas vermellas. Gciencia entrevista Fernando Aguado, director da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da UVigo.
Fálase
Riazor e Balaídos berrarán Nunca Máis este sábado. Unha iniciativa pide que os seareiros de Celta, Deportivo e Lugo berren "contra a impunidade e a inxustiza" tras a sentenza do Prestige. Os cánticos xa se escoitaron a pasada fin de semana no encontro do equipo coruñés en Ponferrada.
A policía desaloxa Elisabeth Sanlés da súa casa, no barrio coruñés de Castrillón, cun gran despregue de efectivos. Foron detidas cinco activistas de Stop Deshaucios. E Sanlés e a súa sobriña saíron esposadas do edificio. Na imaxe de @radiocoruna a policía corta a cadea coa que a muller se resistía a abandonar a súa vivenda. Máis información, esta mañá en Praza.
A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística lanza unha campaña informativa sobre a lei Wert co lema A LOMCE resta aínda máis galego. Pódese descargar o trípico na súa web.
A CDU de Angela Merkel chega a un acordo cos socialdemócratas do SPD para formar unha "gran coalición" en Alemaña. Cóntao a Cadena SER
O vicevoceiro do PP no Congreso, Rafael Hernando, non atopa motivos para pedirlles "perdón" aos familiares das vítimas do franquismo. Hernando asegurara que só buscan os corpos dos seus parentes se hai subvencións para facelo. En El Diario.
Stop Desafiuzamentos está en alerta dende primeira hora desta mañá para tentar evitar o desaloxo de Elisabeth, na rúa Antonio Noche da Coruña. O colectivo informa a través das redes sociais de que na zona hai xa un abondoso dispositivo policial.
O presidente da xestora de Oza-Cesuras anuncia que "renuncia" á súa suba de soldo despois de que esta se coñecese a través dos medios. Díxoo nunha entrevista en V Televisión.
El País analiza a "crise" de PP e PSdeG en Compostela a causa do caso Pokémon.
Ciencia Con Futuro "desmonta as mentiras" coas que Mª Arenales Serrano, vogal do PP na Comisión de Economía e Competitividade, rexeitou aumentar o orzamento en I+D