O rei revoga o título de Duquesa de Palma de Mallorca á infanta Cristina, que terá que afrontar en breve o xuízo polo caso Nóos
Fálase
O PP acadará, en principio, a alcaldía de Ourense en minoría, ao non haber acordo entre DO e PSdeG-PSOE. Gonzalo Pérez Jácome anuncia que o seu grupo se votará a si mesmo e insta aos socialistas a apoialo para non permitir un goberno popular.
O deputado socialista Juan Carlos González Santín acredita ante notario que, ao contrario do difundido "en diversos medios de comunicación e redes sociais", non estivo consultando webs de contido erótico no seu escano do Parlamento, senón que a imaxe reproducida foi unha mensaxe publicitaria, derivada dos 'malwares' existentes no seu ordenador. Os ordenadores dos deputados funcionan con Windows por esixencia do propio Parlamento. Pódese descargar a acta notarial nesta ligazón.
O Banco de España pide máis recortes, outra reforma laboral e subas no IVE e nos impostos especiais. Súmase así á petición que o FMI fixo ao Goberno central hai tan só uns días.
Sindicatos policiais ofrecen tablets ou reloxos para "fomentar a participación" nas súas eleccións sindicais. Cóntao El País
Ciudadanos expulsa os seus afiliados de Vigo que pediron analizar os malos resultados electorais nunha asemblea, segundo recolle La Voz
#ÚLTIMAHORA Xosé López Orozco confirma que renuncia á súa acta de concelleiro en Lugo e Lara Méndez optará á alcaldía polo PSdeG. Toda a información e as reaccións, esta mañá en Praza.
#ULTIMAHORA Xosé López Orozco comparecerá ás 11:30 ante a prensa para "dar conta de novidades da actualidade política". Fontes consultadas por Praza sinalan que o alcalde de Lugo en funcións podería anunciar a súa retirada para facilitar un pacto de esquerdas na cidade con Lugonovo e o BNG, que esixían a súa marcha.
José López Orozco afirma, despois de reunirse este mércores con Gómez Besteiro, que "por suposto" segue sendo o candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Lugo. Lugonovo, BNG e ACE xa anunciaron que na investidures deste sábado non votarán polo actual rexedor, pero si por outro candidato que poidan presentar os socialistas.
Cargos públicos de Podemos, entre eles Pablo Echenique ou Beatriz Gimeno, asinan o manifesto Abrindo Podemos, que aposta por procesos de cooperación con outras forzas, reclama máis pluralismo interno e a recuperación de propostas coma a renda básica ou a auditoría da débeda