Repsol reclamará 8.140 millóns ao Goberno arxentino pola expropiación de YPF. A compañía cre que a operación do Goberno austral foi "manifestamente ilegal e discriminatoria"
Fálase
O BCE pide a España unha "estratexia completa" para reestruturar a banca e solicita unha valoración independente dos activos tóxicos e a posible creación dun banco malo para segregalos.
#folgaestudantil Milleiros de estudantes e membros da comunidade universitaria manifestáronse convocados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Á convocatoria de Santiago no Toural uníronse tamén os escasos participantes na convocatoria da Plataforma en Defensa do Ensino Público da Alameda. Imaxe de @gritorojo
#consellodaxunta Feijóo di que a proposta de crear unha banca pública, formulada polo BNG e, con matices, tamén polo PSdeG, non é "nin occidental nin actual"
#consellodaxunta Feijóo rexeita que vaia adiantar as eleccións para facelas coincidir cun posible adianto en Euskadi. "O Goberno ten moito traballo e os gobernos necesitan un goberno", afirma.
#folgaestudantil Na Coruña, a manifestación contra os recortes no ensino público xa percorre o centro da cidade. Imaxe de @traballadoalcoa
#folgaestudantil Milleiros de persoas maniféstanse nas principais cidades e vilas galegas contra a suba das taxas universitarias e os recortes no ensino público. A zona vella de Santiago está ateigada de estudantes. Imaxe de @RaquelCespon
#consellodaxunta A Xunta aproba un "protocolo" para as "nais que decidan entregar en adopción" os seus bebés no momento do nacemento en hospitais do Sergas
#consellodaxunta Feijóo ratifica a creación da Axencia Tributaria de Galicia. Mantén que recadará un 20% máis en impostos sen subir ningún tributo.
#consellodaxunta Vinte e catro horas despois da xuntanza con Baltar, o Consello dá "luz verde" á ampliación da área de hospitalización do Complexo Hospitalario de Ourense