Iñigo Sáenz de Ugarte conta no seu blog "cómo é Iraq hoxe 10 anos despois da invasión?"
Fálase
Competición sanciona a Iago Aspas con catro partidos tras o cartón vermello que viu en Riazor no último derbi. O club recorrerá ante Apelación.
Este xoves preséntase na Coruña o Manifesto Día da República 2013, nun acto no que intervirán Suso Mosquera (CC.OO.), Suso Díaz (UGT), Xosé Manuel Pereiro, Xurxo Souto, Francisco Pillado Maior e Tino Fraga
O Supremo anula a cláusula solo das hipotecas se hai falta de transparencia na información aos clientes. O ditame crea xurisprudencia sobre os límites ao descenso do euríbor.
Obama subliña a “alianza eterna” con Israel na súa primera visita como presidente ao país. Asegura que “EE UU está orgulloso de ser o aliado máis forte e o meirande amigo” de Israel.
A policía rexistra o domicilio da directora xeral do FMI, Christine Lagarde, dentro da investigación aberta polo proceso de adxudicación dunha millonaria indemnización ao empresario Bernard Tapie en 2007 cando era ministra de Economía
O Partido Popular négase a entregarlle as súas contas á Audiencia Nacional e argumenta que só está obrigado a conservar eses documentos durante cinco anos. O tribunal esixiulle ao partido todos os datos de doazóns e operacións bancarias dende 1990 dentro da investigación dos papeis de Barcenas.
Afectados polas preferentes reteñen o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, durante a súa visita a unha depuradora en Vigo. Cóntao Faro de Vigo
Un perito acusa o Goberno español de pretender "apagar o lume" do Prestige desde os despachos e defende a actuación do capitan do buque.
CIG-Ensino maniféstase ante a Consellería de Educación para esixir traballo para os profesores interinos e substitutos. Denuncian tamén os despedimentos e os recortes no ensino público. Imaxe de @galizacig.