A policía rexistra o domicilio da directora xeral do FMI, Christine Lagarde, dentro da investigación aberta polo proceso de adxudicación dunha millonaria indemnización ao empresario Bernard Tapie en 2007 cando era ministra de Economía
Fálase
O Partido Popular négase a entregarlle as súas contas á Audiencia Nacional e argumenta que só está obrigado a conservar eses documentos durante cinco anos. O tribunal esixiulle ao partido todos os datos de doazóns e operacións bancarias dende 1990 dentro da investigación dos papeis de Barcenas.
Afectados polas preferentes reteñen o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, durante a súa visita a unha depuradora en Vigo. Cóntao Faro de Vigo
Un perito acusa o Goberno español de pretender "apagar o lume" do Prestige desde os despachos e defende a actuación do capitan do buque.
CIG-Ensino maniféstase ante a Consellería de Educación para esixir traballo para os profesores interinos e substitutos. Denuncian tamén os despedimentos e os recortes no ensino público. Imaxe de @galizacig.
O BNG vén de pendurar na súa web as declaracións patrimoniais dos membros do seu grupo parlamentario.
A empresa Tupperware envioulle un requerimento ao blogueiro Pepo Jiménez, @kurioso, para que retirase un post no que mencionaba a palabra Tupper que -segundo eles- produce un “menoscabo a la distintividad de la marca que representan”
A Xustiza invalida os sinais de tráfico escritos só en galego. Dálle a razón a un pontevedrés que denunciou o Concello tras ser multado.
Google lanza o seu servizo de búsqueda de voos para España, que amosa os itinerarios posibles e os distintos prezos. Flight Search está dispoñible en español, vasco, catalán e galego.
Faro de Vigo entrevista a David Reboredo: "Erguerme e ver dende a miña fiestra a Avenida de Madrid dáme a vida"