O presidente do PNV, Íñigo Urkullu, vén de ser elixido lehendakari polo Parlamento vasco. En Naiz.
Fálase
O IPC baixa unha décima en novembro en Galicia e cae ao 2,7% interanual. Os prezos tamén baixaron unha décima no Estado, quedando a taxa interanual no 2,9%, segundo os datos do INE.
A ministra de Emprego, Fátima Báñez, faltou a todos os cumios europeos de Traballo dende que chegou ao Goberno. En El Diario.
Todos os partidos do Parlament catalán, agás o PP e Ciutadans, acordan non acatar a lei Wert se non muda nos seus "ataques" á lingua catalá. En El Periódico.
Sanidad impón o pago por traslados en ambulancia para tratamentos non urxentes. Os pacientes e pensionistas de menos renda pagarán 10 ou 20 euros ao mes e os traslados desde o hospital tras recibir a alta tamén serán de pago, segundo adianta a Cadena Ser.
Localizan 28 millóns de euros de bens de Mubarak en España. Foron bloqueados 18,4 millóns en produtos financeiros en varias entidades españolas.
A Xunta pidelle os seus traballadores que atrasen as vacacións "polo traballo acumulado" e di que pemitirá coller os días de vacacións e os días de asuntos propios até o 31 de marzo. A CIG cre que só é unha excusa para denegar permisos de nadal.
Vigo celebra hoxe o gran partido realizado na noite de onte ante o Real Madrid ao que derrotaron 2-1. O partido de volta dos oitavos de final da Copa do Rei disputarase a semana que vén.
Arnaldo Otegi afirma nunha entrevista realizada ao diario Sud Ouest que “o único escenario posible e desexable é o desmantelamento das estruturas militares de ETA” e anima a Francia a supervisar o proceso
O Telediario da noite de TVE segue perdendo espectadores. A semana pasada obtivo unha audiencia media do 11,5%, o seu minimo histórico, e foi o terceiro informativo máis visto, detrás de Telecinco e Antena3.