EPA | O paro descendeu en 19.800 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, ata as 181.700, unhas 25.000 menos que hai un ano. A Enquisa de Poboación Activa reflicte que o número de persoas con traballo aumentou en 23.600 persoas e deixa a cifra total en 1,07 millóns, 14.600 máis que no mesmo trimestre de 2016. Máis información, hoxe en Praza.
Fálase
A Avogacía do Estado pide unha sentenza exemplar no caso Gürtel para infundir "medo" a delinquir nos políticos. Recólleo eldiario.es
O Goberno central prevé destituír de inmediato a Puigdemont e a todo o seu goberno co 155. Este xoves o Senado aborda o despregamento desa intervención e no Parlament catalán comparece o titular da Generalitat.
Renfe avala expresamente o seu directivo imputado polo accidente de Angrois e manteno á fronte da seguridade dos seus trens. Máis información aquí.
Puigdemont reúne o Govern para debater sobre a DUI ou as eleccións. A reunión extraordinaria celébrase a última hora desta tarde.
Anticorrupción conclúe que o PP como organización e a ex-ministra Ana Mato se beneficiaron de comisións da trama Gürtel. É parte das conclusións da Fiscalía no remate do xuízo sobre a primeira época da rede corrupta, que chega ata 2005.
A Audiencia Nacional cita a Iberdrola por manipular o prezo da luz en varios encoros, entre eles os galegos. A compañía xa foi sancionada por Competencia e denunciada pola Fiscalía por mor desta presunta práctica ilegal en 2013.
Julio Sacristán abandona a alcaldía de Culleredo e o liderado provincial do PSdeG na Coruña. Sacristán levaba máis de 30 anos como rexedor. Recólleo La Opinión
O Govern catalán debate sobre a conveniencia de convocar eleccións sen renunciar á declaración de independencia, que representantes de PDeCat e ERC no Congreso dan por feita
Nieves Rodríguez, nova presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. A asemblea da entidade reelixiu a Mabel Rivera como vicepresidenta e a Iria Sobrado, como secretaria. (Imaxe: Cris Andina / AAAG)