Puigdemont reúne o Govern para debater sobre a DUI ou as eleccións. A reunión extraordinaria celébrase a última hora desta tarde.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59f0c65465680-parlament-catalunya-octubre-puigdemont-junqueras_ediima20171011_0043_4.jpg)
Puigdemont reúne o Govern para debater sobre a DUI ou as eleccións. A reunión extraordinaria celébrase a última hora desta tarde.
Anticorrupción conclúe que o PP como organización e a ex-ministra Ana Mato se beneficiaron de comisións da trama Gürtel. É parte das conclusións da Fiscalía no remate do xuízo sobre a primeira época da rede corrupta, que chega ata 2005.
A Audiencia Nacional cita a Iberdrola por manipular o prezo da luz en varios encoros, entre eles os galegos. A compañía xa foi sancionada por Competencia e denunciada pola Fiscalía por mor desta presunta práctica ilegal en 2013.
Julio Sacristán abandona a alcaldía de Culleredo e o liderado provincial do PSdeG na Coruña. Sacristán levaba máis de 30 anos como rexedor. Recólleo La Opinión
O Govern catalán debate sobre a conveniencia de convocar eleccións sen renunciar á declaración de independencia, que representantes de PDeCat e ERC no Congreso dan por feita
Nieves Rodríguez, nova presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. A asemblea da entidade reelixiu a Mabel Rivera como vicepresidenta e a Iria Sobrado, como secretaria. (Imaxe: Cris Andina / AAAG)
Anticorrupción ve "abrumadoramente acreditado" que a dirección central do PP se financiou con diñeiro negro. Así o expón nas súas conclusións sobre a primeira época do caso Gürtel, cuxo xuízo está a piques de rematar.
O prezo da luz vólvese disparar e a suba anual pode superar os 100 euros que o Goberno de España estimara para un fogar medio.
A Xunta gastou 17.000 euros na festa do Parque de Corrubedo que os ecoloxistas viron “agresiva” para a contorna. O Goberno galego contratou a dedo o “catering e animación” dun acto no que se empregou megafonía e se plantaron especies alleas. A Xunta negou que incumprise a normativa.
O Goberno de España quere esquivar o debate no Congreso sobre a aplicación do artigo 155 a Catalunya. O gabinete de Rajoy quere cinguir o debate ao Senado, responsable de aplicalo, onde o PP ten maioría absoluta. Cóntao eldiario.es