O prezo da luz vólvese disparar e a suba anual pode superar os 100 euros que o Goberno de España estimara para un fogar medio.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59ef2a30b91a9-54d9efb7da33b-reciboluz.jpg)
O prezo da luz vólvese disparar e a suba anual pode superar os 100 euros que o Goberno de España estimara para un fogar medio.
A Xunta gastou 17.000 euros na festa do Parque de Corrubedo que os ecoloxistas viron “agresiva” para a contorna. O Goberno galego contratou a dedo o “catering e animación” dun acto no que se empregou megafonía e se plantaron especies alleas. A Xunta negou que incumprise a normativa.
O Goberno de España quere esquivar o debate no Congreso sobre a aplicación do artigo 155 a Catalunya. O gabinete de Rajoy quere cinguir o debate ao Senado, responsable de aplicalo, onde o PP ten maioría absoluta. Cóntao eldiario.es
Este martes o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o presidente de Puertos del Estado, José Llorca, manterán unha xuntanza para tratar o futuro dos terreos portuarios da cidade. O Concello trasladaralle unha proposta para que o espazo sexa de "titularidade pública" na súa totalidade e que "non se poida despedazar". Hai dúas semanas Xunta e Puertos anunciaron un acordo polo que a Autoridade Portuaria renunciaba a unha parte do seu proxecto inmobilizario para a zona, pero que matiña aberta a posibilidade de privatizar o peirao de San Diego
Anticorrupción dá por probado que a trama Gürtel creou un "sistema" para delinquir coa axuda de cargos do PP. A Fiscalía exprésao nas súas conclusións no xuízo da primeira época trama, que encara a súa recta final
O Goberno de España abre agora a porta a ter intervida Catalunya durante máis de seis meses. Cóntao eldiario.es
Coerción para todos. Enric Juliana analiza en La Vanguardia as consecuencias da aplicación do artigo 155 en Catalunya para outros territorios do Estado.
O Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM) entregou os seus premios. As longametraxes Sweet Virginia (Jamie Dagg) e Ícaros: a Visión (Leonor Carballo e Matteo Norzi) gañaron os premios do xurado e do público, respectivamente
O portavoz do Goberno catalán descarta unha convocatoria de eleccións para evitar a intervención da autonomía. Pedro Sánchez afirma que a aplicación do artigo 155 depende "da decisión última de Puigdemont”. O líder do PSOE defende que “non houbo na historia política de Cataluña un autogoberno tan intenso como o que recoñece a Constitución" e sinala que "todos os países europeos teñen o seu propio 155".
En Londres unha concentración ante a embaixada española protestou contra os incendios forestais en Galicia ao berro de "Lumes Nunca Máis". Foto: @pcidalonso