Anticorrupción dá por probado que a trama Gürtel creou un "sistema" para delinquir coa axuda de cargos do PP. A Fiscalía exprésao nas súas conclusións no xuízo da primeira época trama, que encara a súa recta final
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/59eddb1da2b6a-580e1c07cd7a6-declarapablocrespo2.jpg)
Anticorrupción dá por probado que a trama Gürtel creou un "sistema" para delinquir coa axuda de cargos do PP. A Fiscalía exprésao nas súas conclusións no xuízo da primeira época trama, que encara a súa recta final
O Goberno de España abre agora a porta a ter intervida Catalunya durante máis de seis meses. Cóntao eldiario.es
Coerción para todos. Enric Juliana analiza en La Vanguardia as consecuencias da aplicación do artigo 155 en Catalunya para outros territorios do Estado.
O Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM) entregou os seus premios. As longametraxes Sweet Virginia (Jamie Dagg) e Ícaros: a Visión (Leonor Carballo e Matteo Norzi) gañaron os premios do xurado e do público, respectivamente
O portavoz do Goberno catalán descarta unha convocatoria de eleccións para evitar a intervención da autonomía. Pedro Sánchez afirma que a aplicación do artigo 155 depende "da decisión última de Puigdemont”. O líder do PSOE defende que “non houbo na historia política de Cataluña un autogoberno tan intenso como o que recoñece a Constitución" e sinala que "todos os países europeos teñen o seu propio 155".
En Londres unha concentración ante a embaixada española protestou contra os incendios forestais en Galicia ao berro de "Lumes Nunca Máis". Foto: @pcidalonso
Está a piques de comezar a manifestación contra a Lei de Depredación e os lumes forestais
Os incendios forestais custan entre 360 e 488 millóns de euros ao ano en Galicia, entre o que se gasta na loita contra incendios, o valor das rendas perdidas e o dos servizos ambientais que ofrece o bosque e que deixa de achegar. É un cálculo realizado polas profesoras María L. Loureiro e Melina Barrio en 2009 e difundido por WWF
O Festival Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde, despídese este domingo con cinco funcións en distintos espazos de Compostela
A Marcha Stop Velutina, convocada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA), pasou xa por Xixón e Torrelavega e chega este domingo a Euskadi. Reclaman a "urxente" posta en marcha dun plan de choque en todas as zonas afectadas, que debe centrarse a curto prazo na loita preventiva, coa colocación de trampas, e a longo prazo en métodos de loita biolóxicos que no danen o medio ambiente.