O director de informativos de TVE, Julio Somoano, recolle un premio concedido ao labor do anterior equipo, destituído coa chegada do Goberno do PP. Cóntao La Información.
O director de informativos de TVE, Julio Somoano, recolle un premio concedido ao labor do anterior equipo, destituído coa chegada do Goberno do PP. Cóntao La Información.
A Audiencia Nacional investiga as festas infantís organizadas pola actual ministra de Sanidade, Ana Mato, e o seu ex marido, Jesús Sepúlveda, ante a posibilidade de que fosen financiada con cartos da trama Gürtel. Cóntao a Cadena SER.
O IGVS ofrece unha vivenda de aluguer social a Aurelia Rey, pero esta négase a abandonar a súa casa. O avogado da anciá de 85 anos negociará coa familia propietaria para intentar parar o proceso de desafiuzamento.
A Catedral de Santiago denunciará o ladrón do Códice "por vulneración do dereito ao honor", despois de que este denunciase no xulgado supostos roubos e "prácticas sexuais" por parte dos relixiosos e traballadores do templo.
Os propietarios do piso de Aurelia Rey negocian coa anciá unha solución. "Imos polo bo camiño", di César Santiso, voceiro de EU na Coruña e presente na negociación que manteñen os donos do inmoble con Stop Desahucios. "Agora empézase a negociar de igual a igual", di o colectivo.
Stop Desafiuzamentos anuncia que o asesor xurídico do Valedor do Pobo confirma que, no caso de que Aurelia Rey sexa desaloxada, os servizos sociais da Coruña acceden a proporcionarlle unha vivenda de alugueiro social. "O triunfo sería que non a botasen" pero, en todo caso, isto xa "é unha batalla gañada", din dende o colectivo. Toda a información, esta mañá en Praza.
O xornal catalán Vilaweb subliña que "a afección do Celta impide a fichaxe de Salva Ballesta como segundo adestrador".
Stop Desafiuzamentos informa de que, dende o xulgado que se ocupa do desafiuzamento de Aurelia Rey, comunican que os desaloxos nesta zona da Coruña se executan os luns e os mércores. Así e todo, as persoas que están mobilizadas para evitar o lanzamento permanecen na zona. O colectivo sinala que a Subdelegación do Goberno non ten prevista actuacións policiais para hoxe.
O Valedor do Pobo tentará mediar no caso de Aurelia Rey, a anciá de 85 anos ameazada por un desafiuzamento na Coruña. Vénllo de confirmar un membro do equipo xurídico do alto comisionado a Stop Desafiuzamentos, colectivo que continúa mobilizado no entorno da vivenda para evitar o posible desaloxo.
O sector das artes escénicas continúa as súas mobilizacións na Cidade da Cultura e reclaman ser recibidos polo conselleiro Jesús Vázquez. Esta noite foron desaloxados e a esta hora comparecen ante a prensa. Reclaman a dimisión de Vázquez e do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, tras non obter explicacións sobre a paralización das programacións culturais e sobre os pagamentos de traballos xa realizados.