A Mesa do Parlamento reduce as intervencións e iniciativas de AGE e BNG nos plenos. A información, esta tarde en Praza
Fálase
A Fundación Cidade da Cultura achegou 6.000 euros para "asociar" a súa "imaxe" coa do CAB Obradoiro. O convenio co club de baloncesto inclúe "un paquete de patrocinio deseñado á súa medida".
Anxo Lugilde gaña o Premio Puro Cora de xornalismo, que organiza o Grupo El Progreso. O xornalista, politólogo e doutor en Historia é o autor de De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika, editado por Praza Pública e Meubook.
Dous informáticos lanzan na Coruña Diacamma, unha plataforma para compartir coche ou taxi, semellante a Blablacar, e pensada sobre todo para traxectos urbanos. Cóntao GCiencia.
O Goberno central publicou recentemente os nomes de todos os asesores dos ministros e secretarios de Estado, despois de numerosas demandas e campañas para que así o fixera. A Fundación Civio analiza a lista, na que destacan vínculos familiares e políticos.
As traballadoras de Cleanet, en folga dende o 27 de outubro, rexeitan o proceso de rescisión do contrato da concesionaria que vén de iniciar o Ministerio de Defensa, e sinalan que hai meses que hai "motivos de abondo" para facelo.
A Xunta presentará nos vindeiros días o seu plano de conservación da lagoa da Frouxeira, que xa foi criticado en numerosas ocasións por entidades coma ADEGA por non achegar "ningunha solución aos graves problemas que sofre este espazo"
O paro rexistrado sobe en Galicia en máis de 7.000 persoas en xaneiro e o número de desempregados queda en 259.002. O incremento relativo (2,8%) volve ser maior que no conxunto do Estado (1,75%), onde se incrementa en case 78.000. Toda a información, esta mañá en Praza.
Facenda ve delito fiscal na reforma da sede do PP. Os arquitectos cometeron tres delitos ao non declarar os cartos en negro dos populares.
A UdC denuncia a Xunta por negarlle outros 2,8 millóns do plan de financiamento. O Executivo autonómico alega que se trata dunha "mala interpretación".