O debate dos candidatos en Ourense non aclara o futuro goberno na cidade. Todos os participantes néganse a un acordo co PP pero tampouco aclaran se apoiarían o PSOE.

O debate dos candidatos en Ourense non aclara o futuro goberno na cidade. Todos os participantes néganse a un acordo co PP pero tampouco aclaran se apoiarían o PSOE.
Militantes do PP agreden membros da PAH nun mitin de Rajoy en Barcelona. Entre os que deron algún golpe está o candidato dos populares á alcaldía de Sabadell.
A xuíza da operación Zeta suspende as declaracións ata despois das eleccións municipais. As citacións de Eliseo Calviño e a súa dona foron adiadas pola falta dun informe económico.
Rubén Pérez advirte que "a oposición da Marea fronte a unha maioría absoluta sería belixerante, de rúa". O candidato da plataforma viguesa asegura que non estará no goberno nin con PP nin con PSOE.
O cura de Cerceda pide o "voto do cambio" para o PP nunha misa. Instou a votar masivamente este domingo logo de finalizar o acto.
Hernández cualifica de "postureo" o suprimido plan de vivenda pública na compostelá avenida de Xoán XXIII, que el mesmo adxudicou como conselleiro. Asegurouno no debate entre candidatos que se desenvolve arestora na Cadena SER
O Racing de Ferrol enfrontarase ao Reus na primeira eliminatoria polo ascenso a 2ª División. O Pontevedra xogará ante o Mensajero na loita por regresar a 2ªB. No resto de eliminatorias, o Fabril viaxa a Durango, o Choco xogará contra o Extremadura e o Cerceda ante o SD Logroñés.
O bombeiro Roberto Rivas encabeza un manifesto que pide o voto para o BNG na Coruña. Entre as sinaturas de Eu voto por Carril inclúense tamén as de Xurxo Souto, Xabier P. Docampo ou Elvira Varela.
Hernández accede a debater con PSdeG, BNG e Compostela Aberta na SER tras evitalo toda a pasada semana. Será ás 19:20 deste serán e pódese seguir nesta ligazón e seleccionando Radio Galicia.
Jorge Armesto asina en Diagonal unha crónica do mandato municipal compostelán. Os tres enterros do alcalde de Santiago