O bombeiro Roberto Rivas encabeza un manifesto que pide o voto para o BNG na Coruña. Entre as sinaturas de Eu voto por Carril inclúense tamén as de Xurxo Souto, Xabier P. Docampo ou Elvira Varela.

O bombeiro Roberto Rivas encabeza un manifesto que pide o voto para o BNG na Coruña. Entre as sinaturas de Eu voto por Carril inclúense tamén as de Xurxo Souto, Xabier P. Docampo ou Elvira Varela.
Hernández accede a debater con PSdeG, BNG e Compostela Aberta na SER tras evitalo toda a pasada semana. Será ás 19:20 deste serán e pódese seguir nesta ligazón e seleccionando Radio Galicia.
Jorge Armesto asina en Diagonal unha crónica do mandato municipal compostelán. Os tres enterros do alcalde de Santiago
Deteñen en Vitoria tres mozos condenados pola Audiencia Nacional acusados de militaren en Segi. Os prendementos producíronse tras unha dura carga policial da Ertzaintza contra os centos de persoas que permanecían concentradas dende a pasada fin de semana. Cóntao Naiz
A Marea Atlántica reparte un novo número d'O 15, o xornal co que xa explicou o seu programa hai un mes.
A enquisa semanal de Radio Coruña mantén a incertidume para a cidade. A esquerda sería agora maioritaria e podería formar goberno, mentres que o PP quedaría en 11 once concelleiros.
Aznar promoveu un código ético que aprobaba os sobresoldos no PP, que consideraba "xustos e éticos". Consideraba que recibir cartos extra "pode vir esixido pola xustiza".
Tan só o PP en Ferrol obtería a maioría absoluta nas cidades galegas segundo a enquisa diaria de La Voz. Compostela Aberta e Marea Atlántica manteñen opcións de liderar a alternativa e Rey Varela e Caballero están a un paso de gobernar sen necesidade de apoios.
O Dépor aférrase á Primeira tras gañarlle 2-0 ao Levante nun ateigado estadio de Riazor
O Breogán imponse por 76-86 ao Valladolid e xogará co COB Ourense a final galega polo ascenso á liga ACB de Baloncesto