O BNG vén de realizar a configuración definitiva da súa Executiva Nacional. Toda a información, nuns minutos en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f70535abe7e1-2012-03-2612.31.05.jpg)
O BNG vén de realizar a configuración definitiva da súa Executiva Nacional. Toda a información, nuns minutos en Praza.
A crise dispara as queixas ao Valedor na área de servizos sociais. A gravidade da situación económica provocou que o número de reclamacións na área de servizos sociais se incrementase nun 141% en 2011, alcanzando as 507 demandas, tal e como destaca o Informe Ordinario presentado hoxe. En total, o organismo tramitou a "cifra histórica" de 2.947 expedientes. Máis información ao longo do día en Praza.
Promusicae denuncia a Enrique Dans por atentar contra o seu honor nun texto publicado no seu blog en xullo de 2011, titulado Siete motivos por los que el caso SGAE es mucho más que la propia SGAE, no que Dans afirmaba que a entidade vulneraba as leis antimonopolio. Dans denuncia que Promusicae, que pide 20 mil euros de indemnización, está "utilizando o dereito ao honor para restrinxir a liberdade de expresión e información".
A patronal pide garantir o dereito ao traballo na xornada de folga xeral. O presidente da CEG, Antonio Fontenla, advirte que hai que "manter o dereito constitucional a traballar". Cóntao EP
O Sindicato de Xornalistas de Galicia chama á folga xeral do 29M. O SXG afirma que "a reforma imposta polo goberno para una suposta recuperación económica da produtividade ten como único enfoque a desprotección do elo máis feble de toda a cadea económica: o traballador". PRNoticias analiza a forma en que a folga afectará aos xornais impresos.
UGT criticou hoxe que o Goberno repoñese o vídeo sobre a reforma laboral logo de que a Xunta Electoral Central ordenara retiralo ata despois da celebración das eleccións en Andalucía e Asturias. O sindicato insiste en que a campaña "vende unha reforma laboral ilusoria".
O Deportivo esgota en dúas horas as entradas para o derbi galego do 15 de abril. O cheo está case asegurado en Balaídos. En Vigo quedan menos de 2.500 billetes.
Entre os detidos en Catalunya no marco do caso Campeón está Josep Tous, coordinador xeral da Deputación de Barcelona. Cóntao El País.
A Alternativa Popular Galega, Converxencia XXI, Partido Galeguista Demócrata, o PNG e Terra Galega crean un "foro de diálogo" para "confluír nun partido único de centro galeguista". Explícano nun comunicado conxunto.
Milleiros de persoas rexeitaron onte nas rúas de Palma de Mallorca as reformas linguísticas impulsadas polo presidente de Baleares, José Ramón Bauzá, que asegurara ter como modelo a política lingüística da Xunta. En Vilaweb