A Alternativa Popular Galega, Converxencia XXI, Partido Galeguista Demócrata, o PNG e Terra Galega crean un "foro de diálogo" para "confluír nun partido único de centro galeguista". Explícano nun comunicado conxunto.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f703f6dd588c-539445_10150652575998515_85360043514_9374322_1494936929_n.jpg)
A Alternativa Popular Galega, Converxencia XXI, Partido Galeguista Demócrata, o PNG e Terra Galega crean un "foro de diálogo" para "confluír nun partido único de centro galeguista". Explícano nun comunicado conxunto.
Milleiros de persoas rexeitaron onte nas rúas de Palma de Mallorca as reformas linguísticas impulsadas polo presidente de Baleares, José Ramón Bauzá, que asegurara ter como modelo a política lingüística da Xunta. En Vilaweb
Cinco persoas detidas en Barcelona no marco do Caso Campeón. Estarían acusadas de "montar unha trama" para obter concesións de ITV. Recólleo La Vanguardia.
Colas en Riazor para conseguir entradas para o derbi. Varios centos de afeccionados deportivistas ateigan as taquillas do estadio coruñés desde as 10 da mañá para mercar os vales que lles darán dereito aos billetes para o partido ante o Celta en Balaídos do vindeiro 15 de abril. Imaxe de @Xako1993
Este luns continúan as declaracións do caso Campeón nos Xulgados de Lugo. Será a quenda para o ex conselleiro de Industria, Fernando Blanco, e para o alcalde da localidade catalá de Sant Boi.
O Servizo Galego de Saúde nomea os tres membros do comité clínico que establece a a Lei orgánica 2/2010, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Para dar cumprimento á norma que o Goberno central prevé derrogar, o Sergas nomea dous xinecólogos e unha pediatra.
O Diario Oficial de Galicia publica este luns os servizos mínimos para a folga xeral do xoves. Faino en senllas ordes, unha para os servizos xerais competencia da Xunta e outra específica para o Sergas.
Krugman acusa a Romney de "respaldar as fantasías paranoicas da dereita", o que contribuiría a "intensificar una tendencia perigosa da vida política de EE UU". Artigo publicado por Sin Permiso.
Varios artefactos explosivos estouparon a pasada madrugada nunha oficina de colocación laboral, antiguo INEM, na cidade de Ourense sen causar feridos e con escasos danos materiais. Os estoupidos producíronse pasadas as 2 da madrugada, no número 11 da rúa Progreso, xunto ao xardín do Posío.
Os cans piden xustiza en Padrón. Unha atípica manifestación de cans reclaman xustiza para unha cadela envelenada no convento de Herbón. A súa declaración coma BIC está detrás da polémica. Máis información en Galicia Confidencial.