Cinco persoas detidas en Barcelona no marco do Caso Campeón. Estarían acusadas de "montar unha trama" para obter concesións de ITV. Recólleo La Vanguardia.
Fálase
Colas en Riazor para conseguir entradas para o derbi. Varios centos de afeccionados deportivistas ateigan as taquillas do estadio coruñés desde as 10 da mañá para mercar os vales que lles darán dereito aos billetes para o partido ante o Celta en Balaídos do vindeiro 15 de abril. Imaxe de @Xako1993
Este luns continúan as declaracións do caso Campeón nos Xulgados de Lugo. Será a quenda para o ex conselleiro de Industria, Fernando Blanco, e para o alcalde da localidade catalá de Sant Boi.
O Servizo Galego de Saúde nomea os tres membros do comité clínico que establece a a Lei orgánica 2/2010, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Para dar cumprimento á norma que o Goberno central prevé derrogar, o Sergas nomea dous xinecólogos e unha pediatra.
O Diario Oficial de Galicia publica este luns os servizos mínimos para a folga xeral do xoves. Faino en senllas ordes, unha para os servizos xerais competencia da Xunta e outra específica para o Sergas.
Krugman acusa a Romney de "respaldar as fantasías paranoicas da dereita", o que contribuiría a "intensificar una tendencia perigosa da vida política de EE UU". Artigo publicado por Sin Permiso.
Varios artefactos explosivos estouparon a pasada madrugada nunha oficina de colocación laboral, antiguo INEM, na cidade de Ourense sen causar feridos e con escasos danos materiais. Os estoupidos producíronse pasadas as 2 da madrugada, no número 11 da rúa Progreso, xunto ao xardín do Posío.
Os cans piden xustiza en Padrón. Unha atípica manifestación de cans reclaman xustiza para unha cadela envelenada no convento de Herbón. A súa declaración coma BIC está detrás da polémica. Máis información en Galicia Confidencial.
Todos os xornais dedican hoxe as súas portadas ao resultado das eleccións andaluzas. El País di que "La izquierda frena al PP en Andalucía". ABC: "Victoria histórica pero insuficiente de Arenas". El Mundo: "Andalucía no cambia". La Vanguardia: "Andalucía frena en seco el avance del PP". El Periodico: "El PSOE resiste". El Correo: "Andalucía rescata al PSOE". El Economista: "La escasa victoria del PP en Andalucía complica el ajuste". 20Minutos: "Los recortes frenan al PP: Se le escapa Andalucía y no remonta en Asturias". La Información: "Los grandes errores de Rajoy en las elecciones de Andalucía y de Asturias". El Mundo salienta que o PP perdeu 442 mil votos con respecto ás eleccións xerais.
José Antonio Griñán e Francisco Álvarez-Cascos poderían manter os seus gobernos en Andalucía e Asturias despois das eleccións deste domingo, marcadas nas dúas autonomías pola elevada abstención, do 40% e do 44% respectivamente.
O PP foi o partido máis votado en Andalucía, pero ficou lonxe da maioría absoluta; e o PSOE, malia a perder 600 mil votos, poderá gobernar se ten o apoio de IU, que duplicou os seus escanos.
En Asturias foi o PSOE a forza máis votada, pero o FAC de Cascos, malia a perder tres escanos, podería manter o goberno se o apoia o PP, que esta noite seguiu criticando con dureza o seu ex dirixente escindido. IU subiu un escano e UPyD entrou no Parlamento
Resultados Andalucía: PP 50 (47), PSOE 47 (56), IU 12 (6)
Resultados Asturias: PSOE 16 (15), FAC 13 (16), PP 10 (10), IU 5 (4), UPYD 1 (-)