José Antonio Griñán e Francisco Álvarez-Cascos poderían manter os seus gobernos en Andalucía e Asturias despois das eleccións deste domingo, marcadas nas dúas autonomías pola elevada abstención, do 40% e do 44% respectivamente.
O PP foi o partido máis votado en Andalucía, pero ficou lonxe da maioría absoluta; e o PSOE, malia a perder 600 mil votos, poderá gobernar se ten o apoio de IU, que duplicou os seus escanos.
En Asturias foi o PSOE a forza máis votada, pero o FAC de Cascos, malia a perder tres escanos, podería manter o goberno se o apoia o PP, que esta noite seguiu criticando con dureza o seu ex dirixente escindido. IU subiu un escano e UPyD entrou no Parlamento
Resultados Andalucía: PP 50 (47), PSOE 47 (56), IU 12 (6)
Resultados Asturias: PSOE 16 (15), FAC 13 (16), PP 10 (10), IU 5 (4), UPYD 1 (-)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f6f86515333b-53825-620-282.jpg)