Os profesionais sanitarios rexeitan as medidas de axuste e anuncian mobilizacións a través dos sindicatos.
Fálase
O movemento 15M explica neste artigo os motivos da súa acción contra Bankia. O peche de contas en oficinas da entidade esténdese xa máis aló de Madrid.
O director do diario La Razón, Francisco Marhuenda, confésase "encantado" coa polémica creada polas súas portadas sobre dirixentes estudantís, sobre os que alega que "non son tan novos". En Ara.
UGT-Galicia anuncia que non secundará a folga no ensino do vindeiro 22 de maio. Nun comunicado, o sindicato alude ao "desgaste sufrido polo profesorado" ante os recortes da Xunta e ao intento de "evitar un prexuízo á comunidade escolar" como causas da súa decisión.
Os bancos destinarán uns 21.500 millóns ás provisións esixidas polo Goberno para o saneamento do ladrillo. Deste global, 13.600 millóns deberanos provisionar as cinco entidades máis grandes.
A débeda da banca española co BCE aumenta un 15,7% en abril e dispárase até un récord de 263.535 millóns, unha marca histórica.
Un cento de clientes pide o peche das súas contas en Bankia nun acto de protesta do 15M e da Plataforma de Afectados pola Hipoteca na sede central da entidade de Madrid. As manifestacións estanse espallando a outras oficinas do banco, como esta de Alcalá. Imaxe de @madrilonia.
A prima de risco supera os 470 puntos ao pouco de abrir os mercados ante a incertidume sobre o sector financeiro español e a crise política en Grecia.
Javier Pedreira Wicho escribe en Microsiervos que "a banda larga si é necesaria", en resposta ás declaracións realizadas por Antón Reixa o venres.
O xornalista Christos Kefalis analiza en SinPermiso as perspectivas dun goberno de Syriza en Grecia