Os movementos feministas culminan con mobilizacións en varias vilas e cidades os actos do Día Internacional das Mulleres

Os movementos feministas culminan con mobilizacións en varias vilas e cidades os actos do Día Internacional das Mulleres
ENCE aclara que a demora da súa planta de biomasa non é provocada por un trámite do Concello de Pontevedra, senón da Xunta. Afírmao a pasteira nun comunicado que recolle Europa Press na súa web. O Executivo galego suxeriu que a construción desta planta en Huelva e a redución de investimentos na factoría pontevedresa se debía ao obstrucionismo do goberno local.
A Xunta identifica 90 mandas reprodutoras de lobos en Galicia e asegura que "actualizará este ano" o seu plan de xestión. Asegurouno a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, en resposta ao PSdeG no Parlamento. Nos últimos meses diversos colectivos ambientalistas veñen instando o Goberno a actuar para garantir unha "boa convivencia" con esta especie. (Imaxe: ADEGA)
VÍDEO | O vicepresidente do Parlamento, Diego Calvo, expulsa do pleno varios traballadores do metal por facer xestos de "desaprobación" durante unha intervención do conselleiro de Industria. O BNG anuncia que protestará formalmente ante a Mesa
Denegan o teletraballo a unha investigadora dun centro dependente da Xunta malia ter 3 fillos e 3 horas de viaxe cada día. Revélao Faro de Vigo na súa edición ourensá
Traballadoras de todos os sectores súmanse ao paro convocado este mediodía con motivo da Folga de Mulleres deste 8 de marzo. Na imaxe, alumnas e profesoras do IES Alfredo Brañas de Carballo, que se sumaron á mobilización baixo o lema "Respecto".
María Reimóndez gaña o I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual, que vén de entregar o Concello de Santiago no marco dos actos do Día Internacional das Mulleres
A Asociación Feminista Falando Nós e Ourense en Común rexeitan o programa de actividades deseñado polo Concello de Ourense para o 8 de marzo, centrado en "actividades lúdico deportivas que nada fan por representar a realidade discriminatoria que estamos a vivir", denuncia Falando Nós. OeC critica o "menosprezo" ao "labor de colectivos feministas que levan anos defendendo os dereitos da muller".
O Festival das artes escénicas de Vigo (ALT) celebra esta semana (do 10 ao 12 de marzo) a que será a súa derradeira edición. "Toca irse. Porque dependemos deles para continuar. Porque non queremos estar onde se nos ningunea. Porque ás veces, só algunhas veces, non estaría mal que eles valorasen o esforzo e non saltasen á toureira dezaseis anos de achega á cultura dun Vigo sempre nas súas rancias mans culturais", salientan os seus responsables
GCiencia lembra nesta reportaxe o 60 aniversario do verquido de cru do petroleiro francés Janina, que provocou en 1957 a primeira marea negra en Galicia, que afectou sobre todo ás Rías Baixas