A Xunta concédelle a Evo Banco a condición de entidade colaboradora para a recadación de impostos. Evo foi a marca utilizada por Novagalicia Banco para a súa rede fóra de Galicia ata que foi vendida o pasado setembro.
Fálase
O director de The Guardian, Alan Rusbridger, compareceu ante unha comisión do Parlamento Británico para falar do caso Snowden. Revelou que o xornal británico só publicou o 1% dos documentos que Snowden lles confiou.
O Ministerio de Sanidade prepara unha norma para regular os produtos homeopáticos. A directora da Axencia Española de Medicamentos, Belén Crespo, afirma nunha entrevista que "non todos os fármacos homeopáticos teñen que demostrar eficacia"
O PPdeG atribúe o bo nivel en castelán dos nenos galegos ao decreto do plurilingüismo, segundo vén de afirmar José Manuel Barreiro, voceiro popular no Senado, na Radio Galega.
Un xulgado declara ilegal o contrato estrela da reforma laboral. Considera nulo un período de proba dun ano sen indemnización, tal e como permite o contrato para emprendedores que tantoo impulsou o Executivo.
A Consellería de Educación ofrécese a traducir os certificados en galego polo que o Estado rexeitou bolsas, pero aclara que deberían ser editados en bilingüe.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo decidirá este mércores se lle concede unha vivenda a Elisabeth Sanlés, en resposta á solicitude presentada por ela hai dous meses, e despois dun proceso de dous anos. Stop Desafiuzamentos lembra que só na Coruña hai 20 mil vivendas baleiras.
Facebook incorporará un botón de unfollow, para poder -dun xeito sinxelo- evitar ler as actualizacións dunha persoa sen eliminala como amiga
O Consello de Europa considera "altamente problemática" a lei de seguridade que prepara o Goberno de España. Cóntao El Diario
Persoal de Freiremar maniféstase nas inmediacións do Parlamento mentres no interior se debate unha iniciativa do Bloque na defensa dos postos de traballo na empresa.