O Consello de Europa considera "altamente problemática" a lei de seguridade que prepara o Goberno de España. Cóntao El Diario
Fálase
Persoal de Freiremar maniféstase nas inmediacións do Parlamento mentres no interior se debate unha iniciativa do Bloque na defensa dos postos de traballo na empresa.
Unanimidade no Parlamento en torno a unha iniciativa do BNG que esixe carga de traballo para Navantia e se opón ás reestruturacións e despedimentos na empresa pública.
A xuíza da Pokémon busca no Concello da Coruña contratos con Vendex. Técnicos de Aduana revisan os acordos do municipio coa compañía.
Novagalicia, condenada por vender subordinadas a un bebé de catro meses. A entidade vendeu un "produto complexo" que requiría información que non ofreceu, segundo aegura a xuíza.
Antidisturbios da Policía Nacional blindaron esta mañá a sede da patronal do metal en Vigo, ante a que a se manifestaba a CIG
Os traballadores de Navantia reúnense nunha multitudinaria asemblea para coñecer os plans de Navantia. O encontro celébrase na praza de Armas de Ferrol. Imaxe de @raulsalgado.
Unha reportaxe denuncia as condicións laborais "próximas á escravitude" dunha filial de Pescanova en Nicaragua, con xornadas de 24 horas e a prohibición de sindicarse.
Somos Ninguén reflexiona nun editorial sobre a posición que a esquerda debe adoptar ante a UE e o euro. Aposta por "unha vía de unidade" das esquerdas e de "ruptura" coa unión económica "nunha paisaxe de afundimento onde a soberanía dos estados do sur se merca en poxa privada"
A Asociación Nacional de Aforro de Enerxía vén de lanzar a campaña Actívate, na que promoven que os usuario cambien de compañía eléctrica, revisen a potencia contratada e monitoricen o seu consumo, co obxectivo de aforrar 170 euros anuais por fogar.