Cae á metade en Galicia a venda de medicamentos excluídos do financiamento da Seguridade Social. Cóntao Faro de Vigo
Fálase
Feijóo asegura que o caso Pokémon está a causar "indefensión" aos investigados. Díxoo nunha entrevista en V Televisión, na que tamén asegurou que o seu libro favorito de Rosalía de Castro é "Poemas Galegos".
Rajoy enxalza a familia sentenciando que "por moi duras que sexan as discusións na casa, nunca se poden romper os lazos que nos unen". Díxoo nun vídeo difundido polo Goberno de España co gallo do Día da Familia e publicado na web da Moncloa.
O naval ferrolán percorre a ría a pé contra os "globos sonda" sobre a carga de traballo e reclamando "traballo xa" para os estaleiros. Imaxe de @xoanporto.
As eléctricas terán que devolver aos consumidores 224 millóns de euros polo que facturaron de máis, segundo adianta a Cadena Ser.
A TVG atrasa o debate entre candidatos galegos ás europeas a este venres. Emitirase pola G2 ás 22:45 mentres na primeira canle se emite Luar. Recólleo a web do Colexio de Xornalistas.
AGEe lembra a celebración, esta noite, do debate electoral entre candidatos á Presidencia da Comisión Europea, organizado por Eurovision e no que participa Alexis Tsipras.
O vindeiro martes bota a andar en Redondela unha nova edición do Festival Internacional de Títeres, no que participarán compañías de toda a Península e tamén de Francia, Italia, Arxentina, Rusia, Chile ou Ecuador.
Nace Trolldor, unha listaxe negra pública de usuarios conflitivos ou prexudiciais nas redes sociais (trolls) elaborada polos propios usuarios. Farán falla varias votacións negativas para que un usuario pase a formar parte da lista, que polo de agora só funciona en twitter, pero que se ampliará a outras comunidades.