As eléctricas terán que devolver aos consumidores 224 millóns de euros polo que facturaron de máis, segundo adianta a Cadena Ser.
Fálase
A TVG atrasa o debate entre candidatos galegos ás europeas a este venres. Emitirase pola G2 ás 22:45 mentres na primeira canle se emite Luar. Recólleo a web do Colexio de Xornalistas.
AGEe lembra a celebración, esta noite, do debate electoral entre candidatos á Presidencia da Comisión Europea, organizado por Eurovision e no que participa Alexis Tsipras.
O vindeiro martes bota a andar en Redondela unha nova edición do Festival Internacional de Títeres, no que participarán compañías de toda a Península e tamén de Francia, Italia, Arxentina, Rusia, Chile ou Ecuador.
Nace Trolldor, unha listaxe negra pública de usuarios conflitivos ou prexudiciais nas redes sociais (trolls) elaborada polos propios usuarios. Farán falla varias votacións negativas para que un usuario pase a formar parte da lista, que polo de agora só funciona en twitter, pero que se ampliará a outras comunidades.
O xuíz Ruz ve xa "parcialmente contrastado" que no PP houbo financiamento ilegal e sobresoldos. Cóntao El País.
Un suposto "experto en seducción" ameaza a Eldiario.es cunha demanda por denunciar o machismo dos seus vídeos. Esta é a reportaxe orixinal.
#europeas2014 - Axenda electoral do día
- Francisco Millán: Paseo pola Coruña (19:00) e mitin en Sada (20:30)
- José Blanco: Visita a Feiraco en Ames (13:00) e mitin en Pontevedra con Besteiro e Patxi López (20:30).
- Ana Miranda: Presentación dun libro en Santiago (13:00) e mitin tamén na capital ás 20:30.
- Lidia Senra: Mitin central en Vigo ás 20:00.
- Paulo Carlos López: Mitin en Lugo ás 20:00.
Feijóo aférrase "aos que se alían con Bildu" e "aos que son ambiguos con Resistencia Galega" no seu acto de campaña en Vigo con Rajoy, que pediu o voto "para non volver ao pesadelo de 2011".
A Xunta ignora o Consello de Contas e amplía as urxencias do Hospital da Coruña sen contratar máis persoal. Cóntao El País