O xuíz Ruz ve xa "parcialmente contrastado" que no PP houbo financiamento ilegal e sobresoldos. Cóntao El País.
Fálase
Un suposto "experto en seducción" ameaza a Eldiario.es cunha demanda por denunciar o machismo dos seus vídeos. Esta é a reportaxe orixinal.
#europeas2014 - Axenda electoral do día
- Francisco Millán: Paseo pola Coruña (19:00) e mitin en Sada (20:30)
- José Blanco: Visita a Feiraco en Ames (13:00) e mitin en Pontevedra con Besteiro e Patxi López (20:30).
- Ana Miranda: Presentación dun libro en Santiago (13:00) e mitin tamén na capital ás 20:30.
- Lidia Senra: Mitin central en Vigo ás 20:00.
- Paulo Carlos López: Mitin en Lugo ás 20:00.
Feijóo aférrase "aos que se alían con Bildu" e "aos que son ambiguos con Resistencia Galega" no seu acto de campaña en Vigo con Rajoy, que pediu o voto "para non volver ao pesadelo de 2011".
A Xunta ignora o Consello de Contas e amplía as urxencias do Hospital da Coruña sen contratar máis persoal. Cóntao El País
Elena Valenciano suspende un acto electoral entre asubíos e apupos. Foi recibida con insultos nun mercado de Torrejón de Ardoz.
A candidata de AGEe ás europeas, Lidia Senra, reitera a necesidade dunha xornada laboral de 35 horas semanais como vía para atallar a precariedade.
O BNG difunde unha imaxe co lema #nonnoscalarán para protestar pola decisión da Xunta Electoral que lle outorga ao partido UPyD máis espazo electoral nos medios públicos que á formación frontista malia ter menos representación no país. (foto: Delmi Álvarez).
#8f45anos Convocan unha concentración en solidariedade coas persoas que serán xulgadas en Compostela pola protesta contra a manifestación da asociación Galicia Bilingüe o 8 de febreiro de 2009. As penas que se solicitan suman ata 45 anos de cadea. Os incausados ven no proceso unha "aberración xurídica" e destacan que o xuízo se celebre en plena campaña.
O Arcebispado de Santiago rexistra máis de 2.000 bens inmobles tras alegar que eran seus. A Igrexa pode inscribir propiedades aínda que ningún papel confirme que é o titular