A candidata de AGEe ás europeas, Lidia Senra, reitera a necesidade dunha xornada laboral de 35 horas semanais como vía para atallar a precariedade.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53736e7176a23-vilagarcia_lidia_beiras.jpg)
A candidata de AGEe ás europeas, Lidia Senra, reitera a necesidade dunha xornada laboral de 35 horas semanais como vía para atallar a precariedade.
O BNG difunde unha imaxe co lema #nonnoscalarán para protestar pola decisión da Xunta Electoral que lle outorga ao partido UPyD máis espazo electoral nos medios públicos que á formación frontista malia ter menos representación no país. (foto: Delmi Álvarez).
#8f45anos Convocan unha concentración en solidariedade coas persoas que serán xulgadas en Compostela pola protesta contra a manifestación da asociación Galicia Bilingüe o 8 de febreiro de 2009. As penas que se solicitan suman ata 45 anos de cadea. Os incausados ven no proceso unha "aberración xurídica" e destacan que o xuízo se celebre en plena campaña.
O Arcebispado de Santiago rexistra máis de 2.000 bens inmobles tras alegar que eran seus. A Igrexa pode inscribir propiedades aínda que ningún papel confirme que é o titular
PSOE, Esquerda Plural, ERC e parte do Grupo Mixto do Congreso, incluído o BNG, comprométense nun documento impulsado pola Plataforma por un Novo Modelo Enerxético a prohibir o fracking se o PP deixa o Goberno
A profesora Pilar Bermejo, primeira muller que ocupa o decanato da Facultade de Química da USC
A avogada Isabel Elbal reflexiona en El Diario sobre as dúbidas legais de limitar a liberdade de expresión en Twitter ou de procurar supostos delitos mediante prospeccións nas redes sociais.
#europeas2014 - Axenda electoral do día
PP e PSOE perderían un terzo dos seus votos nas europeas, segundo unha enquisa que hoxe publica El Diario. O inquérito dálle 6 escanos á coalición na que participa AGEe, 2 á de CxG e 1 á do BNG