A profesora Pilar Bermejo, primeira muller que ocupa o decanato da Facultade de Química da USC
Fálase
A avogada Isabel Elbal reflexiona en El Diario sobre as dúbidas legais de limitar a liberdade de expresión en Twitter ou de procurar supostos delitos mediante prospeccións nas redes sociais.
#europeas2014 - Axenda electoral do día
- Francisco Millán: Mitin con Rajoy e Feijóo ás 20:00 en Pontevedra.
- José Blanco: Visita ao mercado coruñés das Conchiñas (11:30) e mitin ás 20:00 no Carballiño.
- Ana Miranda: Encontro con delegados sindicais en Pontevedra (11:15) e mitin en Verín ás 21:00.
- Lidia Senra: Almorzo informativo na Coruña (9:30) e mitin en Oleiros (20:00).
- Paulo Carlos López: Mitin no Porriño ás 20:30.
PP e PSOE perderían un terzo dos seus votos nas europeas, segundo unha enquisa que hoxe publica El Diario. O inquérito dálle 6 escanos á coalición na que participa AGEe, 2 á de CxG e 1 á do BNG
Marcial Dorado mantén que vai "seguir en pé" porque todos os seus cartos son "legais". Recólleo El País
Galiza Contrainfo, Galiza Ano Cero e Andaina gañan a primeira edición dos premios Luceira de Comunicación Social, organizados pola Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
A presión cidadá obriga a renunciar ao cura de Punxín, que chamou "adúlteras" ás mulleres e foi rexeitado polos veciños.
O socialista Jáuregui propón disolver as Cortes a finais de 2015 para reformar a Constitución. A nova Carta Magna sería aprobada en referendo, segundo o número dous do PSOE ás eleccións europeas.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditou esta mañá unha sentenza pola que os usuarios poderán pedirlle aos buscadores a retirada de enlaces dos seus resultados de procuras cando consideren que vulneran a súa privacidade. O histórico fallo dálle a razón a un usuario español na súa demanda contra Google.