O ex deputado Pablo Cobián négase a declarar ante a xuíza instrutora do caso 'Campeón'. Asegurou ante os xornalistas que non o fará "ata que non se restablezan os meus dereitos".
Fálase
Este mércores comeza unha nova rolda de declaracións nos xulgados de Lugo polo caso 'Campeón'. O primeiro en declarar ante a xuíza Estela San José será o ex deputado Pablo Cobián.
Unha entrevista co ex presidente valenciano, Francisco Camps, na revista Telva está a causar unha forte controversia. Tras o coñecido como 'xuízo dos traxes', Camps asegura estar "máis preparado ca nunca" para ser "presidente da Generalitat Valenciana ou do Goberno" central.
A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais de San Caetano acordou recompilar os gastos cargados nas tarxetas de crédito por parte dos altos cargos á fin de remitírllelos aos grupos parlamentarios para que pidan explicacións. Tamén aprobaron recompilar información sobre supostos, "que os hai, de uso irregular dos coches oficiais e dos coches da Xunta de Galicia para beneficio privado".
A oficialidade do catalán en Europa, un dos principais obxectivos da visita a Bruxelas do presidente da Generalitat, Artur Mas. En Vilaweb.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, cuestiona o proxecto de AVE a Ourense. Cóntao El País.
Os traballadores de Alcoa en Sardegna (Cerdeña) están en folga de fame. A multinacional anunciou que esta factoría ía pechar a comezos de abril. A nova é de L'Unione Sarda
Inditex pechou 2011 (o ano fiscal) con case 2.000 millóns de beneficio neto. O grupo que preside Pablo Isla incrementou as vendas nun 10% grazas ao mercado exterior, especialmente ao asiático. Nota de prensa da compañía galega
O caso Lemus (Jesús Ángel Lemus Loarte, investigador en Doñana que durante anos alterou ou inventou datos en decenas de estudos) afecta ao CSIC, segundo francisthemule.
Romney imponse con claridade nas primarias republicanas de Illinois.