Volven as sacas de votos dubidosos? PP e PSOE, de acordo para reformar de novo o voto emigrante e evitar que os "residentes ausentes" teñan que solicitar explicitamente o sufraxio en cada elección. En El País.
Volven as sacas de votos dubidosos? PP e PSOE, de acordo para reformar de novo o voto emigrante e evitar que os "residentes ausentes" teñan que solicitar explicitamente o sufraxio en cada elección. En El País.
As portadas da prensa de Madrid e Barcelona dedican unha grande atención a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya sobre a inmersión ligüística nas escolas catalás. Nuevo aval judicial a la escuela en catalán (El País), La justicia catalana mantea el castellano (ABC), El tribunal catalán se niega a aplicar la sentencia del Supremo sobre el español (El Mundo), Educación en castellano en Cataluña: Sólo con permiso del juez (La Razón), Los jueces avalan otra vez la inmersión en catalán (La Vanguardia), Tengamos la lengua en paz (El Periódico de Catalunya), Aval a l'escola en catalá (ARA), La immersió lingüística a Catalunya esquiva l'embat de la justícia (Vilaweb) ou "Som om erem i d'aquí no es mourem" (El Punt).
O Centro Dramático Galego estreará o 7 de setembro no Salón Teatro de Santiago a súa próxima produción, As furias, que ofrecerá catro textos do norteamericano Neil LaBute baixo a dirección escénica de Andrés Lima
Unha manifestación pide en Madrid a dimisión de Gallardón polas declaracións que esta semana realizou sobre o aborto.
Os traballadores de Alcoa preparan unha caravana de coches desde a factoría coruñesa á Cociña Económica para facer unha entrega de alimentos. Os empregados da empresa queren agradecer, así, o apoio da cidadanía nas mobilizacións que están levando a cabo para pedir o mantemento da actividade na fábrica. O convoi sairá das instalacións da industria este sábado ás 11:00 horas
A ministra de Sanidade, Ana Mato, defendeu hoxe ao titular de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, despois de que este último asegurase que hai unha "violencia estrutural" contra as mulleres embarazadas. Mato tamén cre que existen esas "presións"
A Xunta de Galicia adiantará 21 millóns de euros aos titulares das explotacións agrogandeiras para que teñan "inmediatamente" unha "inxección de liquidez" no primeiro trimestre de 2012. O Consello da Xunta tomou esta decisión a causa da seca. Información de Europa Press Galicia da rolda de prensa posterior ao Consello
Os taxistas de Madrid queren levar armas nos coches. A Plataforma de las Clases Medias para el taxi de Madrid remitiu unha carta á alcaldesa da cidade, Ana Botella, coa fin de que se lles permita ir armados ante o "clima de inseguridade" co que aseguran traballar. Información e foto de La Vanguardia
Grecia ten por diante unha "travesía de dez anos polo deserto". É a opinión do economista Nouriel Roubini. Na súa opinión "o segundo rescate grego non será o último" xa que este país non terá acceso aos mercados de financiamento durante unha década. En El Economista
O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya pon en cuestión a política de inmersión lingüística dos gobernos catalán ao permitir que todas as familias que o pidan poidan escolarizar os seus fillos no ensino público co castelán como lingua vehicular. Porén, estima "parcialmente" o recurso presentado pola Generalitat e renuncia a facer un pronunciamento xeral sobre o uso do castelán como lingua vehicular. Artur Mas xa criticou o contido da sentencia e diversos colectivos anunciaron unha campaña de mobilizacións. Descarga en Vilaweb o texto da sentencia.