O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya pon en cuestión a política de inmersión lingüística dos gobernos catalán ao permitir que todas as familias que o pidan poidan escolarizar os seus fillos no ensino público co castelán como lingua vehicular. Porén, estima "parcialmente" o recurso presentado pola Generalitat e renuncia a facer un pronunciamento xeral sobre o uso do castelán como lingua vehicular. Artur Mas xa criticou o contido da sentencia e diversos colectivos anunciaron unha campaña de mobilizacións. Descarga en Vilaweb o texto da sentencia.
Fálase
Esperanza Aguirre: "Violencia contra as mulleres é que o home non queira casar". A presidenta madrileña asegurouno esta mañá nunha entrevista na Cadena Cope.
Rufus Wainwright actuará no Palacio da Ópera da Coruña o seis de xuño coa súa banda ao completo. As entradas, entre 30 e 40 euros, poderán mercarse a partir deste venres.
A defensa de Fernando Blanco, exconselleiro de Industria co bipartito e implicado na Operación Campeón, vén de convocar unha rolda de prensa para este venres en Santiago. Os avogados da defensa xurídica de Blanco son Evaristo Nogueira e Xoán Antón Pérez-Lema.
Foro Asturias, partido presidido por Francisco Álvarez Cascos, perdería entre cinco e seis deputados nas eleccións desta comunidade de celebrarse hoxe, segundo a enquisa do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS). O PSOE sería a formación máis votada malia perder un escano respecto das pasadas eleccións (2011). UPyD e IU son os que se aproveitan da situación. A formación de Rosa Díez entraría no parlamento asturiano con dous deputados.
Consello da Xunta: Feijóo pide "explicacións" sobre a Operación Campeón a "quen non tomou ningunha decisión contundente" sobre as implicacións de políticos no caso. "Os políticos do PP que tiveron unha relación eticamente reprochable xa non están nos seus cargos", sinala, e engade que "quen queira utilizar o nome dun político en van, incluído o do presidente da Xunta", "sabe que o espera" un procedemento xudicial.
A enquisa do CIS de estimación de voto para os comicios en Andalucía deixa ao PP ás beiras da maioría absoluta. Javier Arenas, líder dos conservadores, obtería entre 54 e 55 escanos. O PSOE perdería entre dez e doce deputados, cun resultado estimado de 44-46 escanos. Izquierda Unida melloraría o seu resultado de 2008 en ata 4 deputados ata un máximo estimado de dez.
Consello da Xunta: Feijóo volve sacar peito ante o resto de autonomías, a maioría gobernadas tamén polo PP. "Pagamos mellor que os demais", asegura, e insiste en que está a "incrementar os servizos públicos esenciais".
Consello da Xunta: O Goberno galego crea os 'Premios Coopera' para distinguir os "mellores proxectos piloto" de servizos compartidos entre concellos. "Unha proposta desenfadada" para promover as fusións municipais, di o presidente.
Consello da Xunta: Feijóo defende a candidatura galega para ter un dominio propio en Internet. Compromete o apoio da Xunta á Asociación .Gal "para ter constancia específica de Galicia no mundo"