O 23% dos cataláns apoia celebrar a consulta diga o que diga o Constitucional, mentres que o 45% considera que se debería acatar unha sentenza en contra, segundo unha enquisa que publica El País.
Fálase
O PSdeG leva ao Parlamento e aos concellos o seu rexeitamento á reforma electoral que propon o PP.
A Assemblea Nacional Catalana (ANC) presenta a súa delegación galega o vindeiro luns en Compostela. Esta asemblea exterior é unha das que a entidade ten en 26 países diferentes para "difundir internacionalmente o proceso catalán".
A xuíza da Pokémon aprecia que Paula Prado cometeu catro delitos. Segundo Aduanas, tería facturado ao Concello a través de Vendex e Aquagest.
España, á cola de Europa en camas de hospital por habitante. O gasto sanitario, un 9,4% do PIB, tamén está lixeiramente por baixo da media.
Marrocos deporta subsaharianos como castigo por se manifestar contra os ataques racistas. Máis de 15 persoas foron enviadas aos seus países sen garantías nin previo aviso.
A Xunta ten case a metade de liberados sindicais que en 2011 tras eliminar 330 nos últimos tres anos.
A alcaldesa de Viveiro, imputada por prevaricación urbanística, segundo adianta La Voz de Galicia. Catro edíx e ex edís, tamén imputados.
ABanca absorberá o Etcheverría o vindeiro 6 de outubro, cando os accionistas de ambas as dúas entidades voten a fusión das entidades.
O blog As MIR e unha noites recolle a experiencia dunha muller residente en Vigo á que unha farmacia da cidade se negou a dispensarlle un anticonceptivo, na liña doutras boticas que alegan obxección de conciencia para incorrer en actitudes semellantes.