O Espazo Ecosocialista pide unha folga xeral "global e expansiva" porque "están en perigo os dereitos sociais e as liberdades". "Os recortes usan a crise como escusa para desmantelar o estado social e democrático", asegura.
Fálase
Rubalcaba ofrece a Rajoy un pacto que deteña todos os desafiuzamentos. Pretende que se aplique tamén aos embargos que xa están en execución.
Feijóo pedirá que se inclúa a colaboración naval co Brasil no vindeiro cumio iberoamericano. Solicitará ao Goberno central que introduza a proposta na axenda oficial.
Máis de 120 socialistas piden a palabra no Comité Nacional do PSdeG, unha cifra que supón o terzo dos asistentes e que "non se lembra" nos cónclaves do partido.
O filme Arraianos, de Eloy Enciso, gaña o preimo do xurado no Festival de Cinema de Sevilla.
Unhas 10.000 toneladas de residuos do Prestige seguen á espera de tratamento en Sogarisa. A empresa e a Xunta di que non implican "risco", á espera dun acordo entre administracións central e autonómica. Cóntao Europa Press.
Pintadas de "banqueiros asasinos" en numerosas sucursais de Euskadi. Stop Desahucios Bizkaia pide que o suicidio da muller de Barakaldo "non quede impune.
O Goberno dará unha moratoria de dous anos ante desafiuzamentos graves. O acordo non deterá os desaloxos que xa estean en marcha, segundo conta El País.
Celébrase o Comité Nacional do PSdeG tras a dura derrota electoral. Pachi Vázquez proporá un calendario sen datas pechadas ata o próximo congreso, pero voces críticas pedirán a súa dimisión como secretario xeral.
A Defensora do Pobo tamén urxe o Goberno a que pare os desafiuzamentos. Reclámalle unha moratoria para frear a execución dos casos nos que as familias teñan dificultades.