O Goberno dará unha moratoria de dous anos ante desafiuzamentos graves. O acordo non deterá os desaloxos que xa estean en marcha, segundo conta El País.
Fálase
Celébrase o Comité Nacional do PSdeG tras a dura derrota electoral. Pachi Vázquez proporá un calendario sen datas pechadas ata o próximo congreso, pero voces críticas pedirán a súa dimisión como secretario xeral.
A Defensora do Pobo tamén urxe o Goberno a que pare os desafiuzamentos. Reclámalle unha moratoria para frear a execución dos casos nos que as familias teñan dificultades.
O PSE di que o PNV xa lle comunicou que gobernará en solitario. Os socialistas non chegaron a acordo ningún cos nacionalistas na súa segunda xuntanza, segundo Diario Vasco.
As Novas Xeracións do PP expedientan unha militante de Vigo despois de afirmar en Twitter que a homosexualidade precisa "cura". Andrea Hermida, coñecida polas súas polémicas nesta rede social, borrou o seu perfil.
Rubalcaba reclama por carta aos bancos que suspendan os desafiuzamentos. O secretario xeral do PSOE envía unha misiva á CECA e á AEB solicitando a paralización de todos eles.
Esperanza Aguirre cre que a folga xeral debería estar prohibida polo seu "carácter político". A presidenta do PP de Madrid considera no seu blog que "coa lexislación actual" os paros deste tipo deberían eliminarse.
Segundo fontes xudiciais, a hipoteca da muller de Barakaldo que decidiu suicidarse antes de ser desafiuzada estaba subscrita con La Caixa. En El Diario
Bankia accede a concederlle un alugueiro social a unha muller e non desafiuzala despois de que o Concello de Tenerife ameazase a entidade con retirar todos os fondos que ten ingresados nela. Na web de Europa Press.
Artur Mas anuncia que na primeira sesión do Parlamento catalán despois do 25N proporá unha declaración sobre o dereito a decidir. Pero engade que esta declaración non incluirá unha data concreta para a celebración dun referendo de autodeterminación.