Rubalcaba reclama por carta aos bancos que suspendan os desafiuzamentos. O secretario xeral do PSOE envía unha misiva á CECA e á AEB solicitando a paralización de todos eles.
Fálase
Esperanza Aguirre cre que a folga xeral debería estar prohibida polo seu "carácter político". A presidenta do PP de Madrid considera no seu blog que "coa lexislación actual" os paros deste tipo deberían eliminarse.
Segundo fontes xudiciais, a hipoteca da muller de Barakaldo que decidiu suicidarse antes de ser desafiuzada estaba subscrita con La Caixa. En El Diario
Bankia accede a concederlle un alugueiro social a unha muller e non desafiuzala despois de que o Concello de Tenerife ameazase a entidade con retirar todos os fondos que ten ingresados nela. Na web de Europa Press.
Artur Mas anuncia que na primeira sesión do Parlamento catalán despois do 25N proporá unha declaración sobre o dereito a decidir. Pero engade que esta declaración non incluirá unha data concreta para a celebración dun referendo de autodeterminación.
O Goberno convoca unha reunión urxente sobre os desafiuzamentos tras o suicidio dunha muller en Barakaldo. Participarán representantes dos ministerios de Vicepresidencia e Economía para ultimar de maneira inmediata unha proposta de periodos de carencia.
Alertan de que están a piques de botar abaixo o Centro Social Ocupado A Casa do Vento en Compostela. Un grupo de escavadoras xa está no lugar.
Vén de activarse a web Alma da artesanía. 9 historias de 9 artesáns da mariña lucense. Nuns minutos comezará a rolda de prensa virtual que se celebrará a través de twitter na conta @almadaartesania co hashtag #almadaartesania
Novo suicidio a causa dun desafiuzamento. Unha muller guindouse dun segundo piso en Barakaldo cando a ían botar da súa casa. Cóntao a ETB.
Artur Mas inicia a campaña do 25N pedindo unha "maioría excepcional" para "vender o produto Catalunya no mundo". En Ara.