Novo suicidio a causa dun desafiuzamento. Unha muller guindouse dun segundo piso en Barakaldo cando a ían botar da súa casa. Cóntao a ETB.
Fálase
Artur Mas inicia a campaña do 25N pedindo unha "maioría excepcional" para "vender o produto Catalunya no mundo". En Ara.
Obama estaría moi preto da derrota electoral se os EUA tivesen o sistema electoral español. A marxe dos demócratas sería tamén moi pequena se se aplicase o principio de "un home, un voto", como explica La Información.
Iberia despedirá 4.500 traballadores e reducirá a súa frota en 25 avións. Tamén baixará o salario dos seus traballadores, tal e como conta Cinco Días.
Isaac Rosa escribe en El Diario a súa visión da folga xeral da semana que vén: "quen máis motivos ten para facer folga o 14-N son precisamente quen máis difícil teñen participar. E por paradoxal que pareza, non poder facer folga é o mellor motivo para facela"
As portadas da prensa impresa coruñesa están dominadas pola imaxe de Augusto César Lendoiro, despois da rolda de prensa que onte ofreceu para explicar a situación económica do Deportivo. La Voz titula que "Lendoiro mete al Deportivo en preconcurso y admite que no tiene ingresos" e La Opinión "El Dépor tiene 4 meses para llegar a un acurdo con sus acreedores".
Ana Luísa Bouza deixa a Executiva do BNG. Reincorórase ao seu traballo e creo que "o máis responsable" é que sexan novas caras as que piloten a fronte nacionalista. Cóntao Europa Press.
A CIG lanza unha web especial de cara á folga xeral de 14 de novembro
Centos de policías están xa despregados en Lisboa dentro do operativo da visita que a chanceler alemá, Angela Merkel, realizará á capital portuguesa o vindeiro luns. Cóntao Diário Digital
Lendoiro asegura que a viabilidade do Deportivo está "asegurada" e aclara que o club ten tres meses para negociar o pago da débeda cos seus acredores. Denuncia un trato discriminatorio á entidade por parte de Facenda, que embarga todos os seus ingresos, e insiste en que o equipo "vai saír fortalecido" e que non quere acudir ao concurso de acredores. "O Deportivo non corre risco ningún", di.