Ana Luísa Bouza deixa a Executiva do BNG. Reincorórase ao seu traballo e creo que "o máis responsable" é que sexan novas caras as que piloten a fronte nacionalista. Cóntao Europa Press.
Fálase
A CIG lanza unha web especial de cara á folga xeral de 14 de novembro
Centos de policías están xa despregados en Lisboa dentro do operativo da visita que a chanceler alemá, Angela Merkel, realizará á capital portuguesa o vindeiro luns. Cóntao Diário Digital
Lendoiro asegura que a viabilidade do Deportivo está "asegurada" e aclara que o club ten tres meses para negociar o pago da débeda cos seus acredores. Denuncia un trato discriminatorio á entidade por parte de Facenda, que embarga todos os seus ingresos, e insiste en que o equipo "vai saír fortalecido" e que non quere acudir ao concurso de acredores. "O Deportivo non corre risco ningún", di.
A vicevoceira de AGE no Parlamento e coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, acusa os "partidos do réxime" de "pactar" para botar a coalición da Mesa do Parlamento
Unha voceira do Foro de la Familia insta a non mesturar "chorras con meninas" para defender a súa postura contraria ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo. No minuto 2:18 deste vídeo de TVE.
O Banco Central Europeo disponse a editar novos deseños para os billetes de euro. Polo momento, amosa parte da nova apariencia do de 5 euros, que chegará en maio de 2013, e lanza unha web específica sobre a renovación.
Syriza denuncia os policías infiltrados nas manifestacións gregas. Deputados da coalición de esquerdas fotografaron os policias vestidos de paisano antes das marchas e difundiron as súas imaxes.
Sindicatos de América Latina súmanse ás protestas do 14N. A Confederación Sindical de Traballadores e Traballadoras das Américas convocará accións diante de embaixadas e filiais de empresas europeas.
A CGT traduce ao galego e a outros idiomas o seu video Respira, co que animan á participación da folga xeral do 14N