Unha voceira do Foro de la Familia insta a non mesturar "chorras con meninas" para defender a súa postura contraria ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo. No minuto 2:18 deste vídeo de TVE.
Fálase
O Banco Central Europeo disponse a editar novos deseños para os billetes de euro. Polo momento, amosa parte da nova apariencia do de 5 euros, que chegará en maio de 2013, e lanza unha web específica sobre a renovación.
Syriza denuncia os policías infiltrados nas manifestacións gregas. Deputados da coalición de esquerdas fotografaron os policias vestidos de paisano antes das marchas e difundiron as súas imaxes.
Sindicatos de América Latina súmanse ás protestas do 14N. A Confederación Sindical de Traballadores e Traballadoras das Américas convocará accións diante de embaixadas e filiais de empresas europeas.
A CGT traduce ao galego e a outros idiomas o seu video Respira, co que animan á participación da folga xeral do 14N
Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, na que por certo comparecen os dous ministros peor valorados na enquisa do CIS: Wert e Báñez, anúnciase o novo Contrato de Formación e a reforma da FP. Segundo Báñez "preténdese alternar a formación co desempeño da actividade laboral: 25% de tempo mínimo para a formación o primeiro ano e a partir de aí, do 15%".
O CIS tamén amosa que a fenda entre os cidadáns e a política continúa facéndose máis grande. Os tres sentimentos que esperta nos entrevistados a política son, por orde, desconfianza, irritación e aborrecemento.
O barómetro do CIS amosa un escenario de absoluto pesimismo sobre a situación económica. O 71% dos españois pensan que a situación é peor que hai un ano e o 49% cren que a cousa empeorará nos vindeiros doce meses. O indicador de confianza económica descende até o 21.7, o nivel máis baixo da serie histórica. Tamén está no mínimo o indicador de espectativas económicas: 29.4. O paro (78%), a economía (43%) e os políticos (31%) son os tres principais problemas para os entrevistados.
O barómetro do CIS do mes de outubro amosa que PP e PSOE seguen perdendo apoios. A súa estimación de voto sitúase no 35.9% e 28.6% respectivamente, un punto menos que en xullo. O perdería 9 puntos con respecto ás eleccións de hai un ano: 44.6% e o PSOE repetiría resultado. Estes descensos serían aproveitados por IU (9.4%) e UPyD (7.3%) que soben un punto dende xullo. O BNG repite no 0.7%. Os votos en branco chegan ao 3.9%
#consellodaxunta O Consello, hoxe presidido por Alfonso Rueda en ausencia de Feijóo, aproba o decreto de servizos mínimos para a folga xeral do 14 de novembro. A información, hoxe en Praza.