O CIS tamén amosa que a fenda entre os cidadáns e a política continúa facéndose máis grande. Os tres sentimentos que esperta nos entrevistados a política son, por orde, desconfianza, irritación e aborrecemento.
Fálase
O barómetro do CIS amosa un escenario de absoluto pesimismo sobre a situación económica. O 71% dos españois pensan que a situación é peor que hai un ano e o 49% cren que a cousa empeorará nos vindeiros doce meses. O indicador de confianza económica descende até o 21.7, o nivel máis baixo da serie histórica. Tamén está no mínimo o indicador de espectativas económicas: 29.4. O paro (78%), a economía (43%) e os políticos (31%) son os tres principais problemas para os entrevistados.
O barómetro do CIS do mes de outubro amosa que PP e PSOE seguen perdendo apoios. A súa estimación de voto sitúase no 35.9% e 28.6% respectivamente, un punto menos que en xullo. O perdería 9 puntos con respecto ás eleccións de hai un ano: 44.6% e o PSOE repetiría resultado. Estes descensos serían aproveitados por IU (9.4%) e UPyD (7.3%) que soben un punto dende xullo. O BNG repite no 0.7%. Os votos en branco chegan ao 3.9%
#consellodaxunta O Consello, hoxe presidido por Alfonso Rueda en ausencia de Feijóo, aproba o decreto de servizos mínimos para a folga xeral do 14 de novembro. A información, hoxe en Praza.
Prolingua ofrece a tradución ao galego do treito do informe do Consello de Europa no que se avalía a protección da lingua propia do país e que, como adiantou Praza Pública, critica con dureza a política lingüística da Xunta. Podedes descargar os documentos aquí.
Os grandes partidos cataláns xa fan campaña electoral específica para a cidadanía de orixe paquistaní. Cóntao Vilaweb.
A xustiza europea ve ilegal a norma española de desafiuzamentos ao non garantir a protección do hipotecado. O Tribunal de Xustiza da UE ditamina que a norma é contraria ao dereito comunitario.
Dous sobriños do rei, no banco dos acusados por un presunto pelotazo inmobiliario. Cóntao El Confidencial.
A pasada noite membros da Liga Estudantil Galega dos Comités e da Asemblea Universitaria de Vigo iniciaron un peche na escola de peritos da cidade para amosar a súa oposición aos recortes e o seu apoio á folga xeral. GZ Vídeos falou cos representantes do estudantado.
O Goberno grego saca adiante un novo paquete de axustes entre duras protestas na rúa. O primeiro ministro Samaras aprobou un decreto que atrasa a idade de xubilación aos 67 anos e reduce salarios e pensións.