O Congreso dos Deputados debaterá a partir das nove da mañá a lei de abdicación. PP, PSOE e UPyD votarán a favor; CiU, PNV e Coalición Canaria absteranse; Esquerda Plural e boa parte do Grupo Mixto votarán en contra.
Fálase
A Asociación Eólica de Galicia (EGA) afirma que os tribunais "tumbarán" o decreto de Industria de renovables e acusa a Xunta de "non defender de forma activa os intereses do sector". Advirte do peche de moitos dos actuais parques e da inviabilidade das novas instalacións.
A muller só aparece no cinco por cento das informacións da prensa deportiva, segundo unha investigación da Universidad Carlos III, que sinala que nalgúns xornais, como Marca ou As, esta proporción mesmo se reduciu nos últimos trinta anos.
O Ministerio de Fomento sinala que os usuarios e usuarias das plataformas para compartir coche, como BlaBlaCar, poden ser multadas por prestar servizos de transporte sen autorización.
A bolsa e a prima de risco seguen notando o efecto positivo das medidas de impulso anunciadas por Mario Draghi o pasado xoves. O IBEX 35 marca niveis máximos en catro anos e a prima sitúase en 120 puntos, o nivel que rexistraba antes da crise.
O 10 de xuño de 1967 finaliza a Guerra dos Seis Días, coa vitoria do exército israelí sobre a alianza árabe.
A dimisión de Ángel Currás como alcalde de Santiago domina as portadas da prensa impresa galega, este martes.
Susana Díaz non optará a liderar o PSOE, segundo adianta a Cadena Ser. A presidenta de Andalucía afirma que lle quere dar prioridade á súa xestión á fronte da Junta.
ÚLTIMA HORA O conselleiro Agustín Hernández será o novo alcalde de Santiago. Máis información, esta tarde en Praza
Podemos recoñece unha "discusión aberta" sobre o modelo de partido. O seu voceiro, Íñigo Errejón, sinala que "hai diferentes posturas" para definir o sistema de toma de decisións e cualifica este debate como "sinal de identidade" da formación